
08 Nov XORNADAS ANTIRRACISTAS | Novembro 2019 | Compostela
O percorrido da propia entidade nos anos que leva activa en Galicia e a constatación da necesidade da existencia de espazos comúns de formación e intercambio social, cultural e lingüístico fai que xorda un ideario simbólico no que se comezan a ordenar ideas de cara á celebración dunhas xornadas dende a perspectiva antirracista na comunidade galega.
Son moitas as situacións discriminatorias que existen en Galicia e que sofren as diferentes persoas que residen nesta terra. A organización destas xornadas permite construír historias comúns de loita e resistencia e facer visibles conflitos que só son perceptibles para as persoas racializadas. Non debemos permitir a existencia de situacións de discriminación, e é por iso que SOS Racismo Galicia, como entidade, e o resto de actores que conformamos a sociedade galega, estamos obrigados a combater os discursos, actitudes e prácticas que normalizan o racismo na vida cotiá e menosprezan outras vidas en función de unhas “xerarquías” creadas en base á cor da pel, a nacionalidade, a lingua, a cultura, ou a relixión entre outras.
A través destas Xornadas Antirracistas gustaríanos crear un espazo que sirva como plataforma para mudar os discursos sociais existentes e axude a construir e divulgar nosas voces no senso dos movementos antirracistas.
Nota: inscrición previa en denuncias@sosracismogalicia.org
Colabora:
Financia: