Servizo de asesoramento xurídico en estranxeiría das oficinas da Coruña e Vigo

Obxectivo xeral

Facilitar a información, asesoramento e apoio nos trámites precisos para as autorizacións e renovacións de residencia ou traballo, reagrupamentos familiares, homologación de títulos, cuestións relacionadas coa nacionalidade, así como, todas aquelas cuestións relacionadas coa normativa española en materia de estranxeiría recollidas na Lei 2000/4, de 11 de xaneiro, sobre «dereitos e liberdades das persoas estranxeiras en España e a súa integración», e a súa normativa de desenvolvemento, así como os trámites complementarios á mesma, como puideran ser o apoio na tramitación da asistencia sanitaria, acceso a servizos públicos, dereitos sociais, prestacións, empadroamento, educación ou formación, etc.

 

Obxectivos específicos

O.E.1 Facilitar os procesos de inclusión social a persoas estranxeiras de terceiros países ou pertencentes a minorías étnicas, a través da apertura de puntos de asesoría xurídica que traballe atendendo dende unha perspectiva de xénero.

O.E.2 Mellorar os procesos de inclusión a través do coñecemento de dereitos en materia estranxeiría.

O.E.3 Defensa xurídica en procedementos de estranxeiría ou nacionalidade, ou de acceso a dereitos básicos das persoas de orixe estranxeira ou pertencentes a minorías étnicas. 

 

Resultados esperados

R.E.1 As persoas participantes no servizo reciben o asesoramento e información sobre os ámbitos da estranxeiría demandados: trámites administrativos e xudiciais, formación laboral, sanidade, vivenda, educación e legalización de documentos, servizos sociais, prestacións, entre outras, sempre contemplando de xeito transversal a perspectiva de xénero.

R.E.2 As persoas participantes no servizo coñecen o acceso aos dereitos básicos, recollidos en materia de estranxeiría e dereitos sociais.

R.E.3 As persoas participantes no servizo incoan os procedementos correspondentes, isto contempla tanto o acceso ao procedemento administrativo/xudicial como os trámites ou mediacións necesarias entre as partes implicadas, sempre dende unha perspectiva da igualdade de trato e de Dereitos Humanos.

 

 

Estes servizos están subvencionados no período 2020-2022 pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia en cofinanciamento co Fondo Social Europeo (PO FSE Galicia 2014-2020).

 

A Coruña

Vigo