Formación en itinerarios de inclusión social

Que é?

Proxecto de inserción sociolaboral centrado en itinerarios de inclusión social realistas, en el que se sitúe á persoa no centro do mesmo, sendo parte activa en todo o proceso e posibilitándolle todas as ferramentas necesarias para poder tomar as decisións acordes a cada momento. Apóstase por un deseño integral centrado na adquisición de habilidades nos diversos ámbitos e esferas da vida. 

Dirixido a:

Persoas inmigrantes e/ou racializadas 

Requisitos:

Persoas que se atopen ligadas a un itinerario de inclusión social atendendo as seguintes prioridades: mulleres vítimas de violencia de xénero e/ou familias monomarentais, persoas solicitantes e/ou beneficiarias de Renda Social Municipal, persoas en situación administrativa irregular. 

Residir no concello de A Coruña

Datas:

2021-Actualidade

Este servizo está subvencionado por convenio nominativo co Concello de A Coruña

 

 

Obxectivo Xeral

Trátase de mellorar os factores de empregabilidade e as habilidades interpersoais das persoas. Contribuír á mellora dos factores que incrementan o nivel de empregabilidade das persoas participantes no proxecto axudando a súa inclusión.

 

 

Obxectivos específicos

OE1. Facilitar as ferramentas necesarias para que as persoas participantes incrementen o seu nivel formativo e fomentar o empoderamento das mesmas.

OE2. Realizar itinerarios de inclusión social reais e axeitados as realidades das persoas inmigrantes tendo en conta as necesidades formativas. 

OE3. Dar a coñecer as opcións de autoemprego e asociacionismo como vía de regularización administrativa.

OE4. Levar a cabo material de difusión para a sensibilización cos axentes empregadores.

OE5. Concienciar sobre a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres no eido laboral. 

OE6. Facilitar as ferramentas para o empoderamento e a autoestima.

OE7. Contribuír a paliar a fenda dixital. 

OE8. Analizar as opcións formativas máis áxiles de cara á inclusión laboral