Oficina de Información e Denuncias en Materia de Racismo e Xenofobia
A Federación SOS Racismo expón, como unha das súas liñas de traballo fundamentais para a erradicación da discriminación por motivos raciais e étnicos cara á poboación inmigrante, refuxiada e racializada as oficinas de Orientación, Información e Denuncia.
As OID expoñen tres liñas de intervención fundamentais:
- Información e asesoramento: Ofrecemos asesoría integral e gratuíta a toda persoa que teña sido vítima ou testemuña dunha actitude racista ou xenófoba e que estea pensando en denunciar este tipo de situacións, ou ben teña sospeitas do exercicio de situacións discriminatorias. Así mesmo, merece a pena sinalar que nos últimos anos, estamos a comezar a poñer en marcha áreas de Asesoría Especializada para mulleres inmigrantes. Trátase de asesorar en todo tipo de cuestións xurídicas a este colectivo tendo en conta a situación de especial vulnerabilidade que engade o factor de xénero.
- Resarcimiento do dano: O principal elemento diferencial das nosas OID, é que tratamos de non só de visibilizar o delito que sofren estas vítimas, senón que damos un paso máis tratando de loitar tanto por unha condena xudicial que penalice aos causantes destes delitos, como pola necesidade da persoa que sofre o delito de sentirse protexida e recoñecida socialmente como vítima.
- Prevención dos delitos xenófobos, racistas e de odio: As nosas OID traballan na prevención deste tipo de comportamentos en todos os espazos da nosa sociedade. Traballamos promovendo posicións proactivas cara á diversidade en rede con outras entidades e movementos sociais, xunto a centros educativos, profesionais, universidades, xunto a organizacións de mulleres etc desde idades temperás.
Financia