Formación e Inclusión sociolaboral

Formación

COMPETENCIAS CLAVE N2 (Lingua española e Galego)

 

Qué é:
As competencias de nivel dous nas linguas da sociedade de acollida é un curso que forma ás persoas inmigrantes nas competencias de lingua castelá e galega baseado nos contidos esixidos pola Xunta de Galicia para poder superar o exame e, deste xeito, mellorar os seus factores de empregabilidade.

 

Dirixido a:
Personas inmigrantes e minorías étnicas.

 

Requisitos:

  • Ter residencia na cidade de Coruña ou na área metropolitana.
  • Ter a condición de inmigrante, é dicir, ter nacido el/ela ou os seus proxenitores no estranxeiro.

 

Criterios de valoración:

  • Posuír cargas familiares en España dando prioridade as mulleres de familias monoparentais.
  • Vítimas de violencia de xénero ou redes de trata.
  • Aqueles supostos nos que concurran un, ou varios factores considerados de risco ou exclusión social, segundo o establecido no artigo 3 da Lei de Inclusión Social de Galicia.
  • Ser persoa beneficiaria da Renda Social Municipal do Concello de A Coruña e estar incluído no itinerario de inserción á asistencia e á formación.
  • Ser procedentes de países de fala non hispana e ter un dominio precario do idioma ou baixos niveis formativos

Duración:
120 horas.

 

A Coruña:

De Luns a Xoves de 09:30 a 11:00 horas (Competencia clave N2)

I EDICIÓN: 06/08/2018- 21/01/2019

II EDICIÓN:  28/01/2019- 30/06/2019

Duración:
120 horas.

 

A Coruña:

De Luns a Mércores de 16:00 a 18:00 horas

I EDICIÓN: 10/10/2018- 21/01/2019

II EDICIÓN: 28/01/2019- 15/05/2019

III EDICIÓN: 01/10/2019 – 30/11/2019

COMPETENCIAS CLAVE N2 (Cálculo e lingua inglesa)

 

Qué é:
As competencias de nivel dous na lingua inglesa e cálculo é un curso que forma ás persoas inmigrantes nas competencias de lingua inglesa e calculo segundo os contidos esixidos pola Xunta de Galicia para poder superar o exame e, deste xeito, mellorar os seus factores de empregabilidade.

 

Dirixido a:
Personas inmigrantes e minorías étnicas.

 

Requisitos:

  • Ter residencia na cidade de Coruña ou na área metropolitana.
  • Ter a condición de inmigrante, é dicir, ter nacido el/ela ou os seus proxenitores no estranxeiro

 

Criterios de valoración:

  • Posuír cargas familiares en España dando prioridade as mulleres de familias monoparentais.
  • Vítimas de violencia de xénero ou rede de tratas.
  • Aqueles supostos que concurran un, ou varios factores considerados de risco ou exclusión social, segundo o establecido no artigo 3 da Lei de Inclusión Social de Galicia.
  • Ser persoa beneficiaria da Renda Social Municipal do Concello de A Coruña e estar incluído no itinerario de inserción á asistencia e á formación.
  • Posuír baixos niveis formativos.

Curso de Coñecementos Constitucionais Culturais e Sociais (CCSE)

 

Qué é:
É un curso destinado a que as persoas inmigrantes residentes na Coruña adquiran os coñecementos necesarios para a superación do exame CCSE do Instituto Cervantes, requirido para obter a nacionalidad española.

 

Dirixido a:
Persoas inmigrantes que desexen obter a nacionalidade española.

 

Requisitos:

  • Ter residencia na ciudade de Coruña ou na súa área metropolitana.
  • Ter a condición de inmigrante, é dicir, ter nado el/ela ou os seus proxenitores nun país estranxeiro.

 

Criterios de valoración:

  • Posuír cargas familiares en España dando prioridade ás mulleres de familias monoparentais.
  • Vítimas de violencia de xénero ou rede de tratas.
  • Aqueles supostos nos que concurran un, ou varios factores considerados de risco ou exclusión social, segundo o establecido no artigo 3 da Lei de Inclusión Social de Galicia.
  • Ter cumprido o tempo establecido na lei para poder obter a nacionalidade.

Duración:
20 horas.

 

Temporalización:

I EDICIÓN: novemebro do 2018

II EDICIÓN: marzo do 2019

III EDICIÓN: novembro do 2019

Duración:

I EDICIÓN: 19/05/2017 – 28/07/2017 (Venres de 17:00 a 18:30)

II EDICIÓN: 01/09/2017 – 24/11/2017 (Venres de 17:00 a 18:30)

 

Lugar: Centro Cívico Novoboandanza (R/Monasterio de Bergondo 13, A Coruña)

 

Inscricón:

Presencial: Rúa Alcalde Lens 34 1ºC
Telefónica: 881 96 37 97/ 698 163 742
mail: info@sosracismogalicia.org

Inclusión sociolaboral

TEATRO APLICADO

 

No encontro dramático sempre hai unha implicación que resulta transformadora. Iso é debido á profunda comprensión, o goce, a toma de conciencia da propia identidade, a alternativa de perspectivas ofrecidas e o desenvolvemento do sentido artístico que xorde durante este proceso de implicación.

 

Esta é a esencia da PEDAGOXÍA TEATRAL: promover o cambio no ámbito persoal e social desde a acción e a reflexión.

 

Con esta actividade pretendemos:

 

  • Toma de concicencia das propias capacidades.
  • Fomentar e desenvolver a psicomotricidade.
  • Fomentar e desenvolver a autoestima.
  • Inculcar hábitos de empatía e traballo en equipo.
  • Fomentar espazos de encontro e lecer interculturais.

 

TEATRO APLICADO é unha iniciativa de toma de conciencia das propias capacidades dirixida principalmente ás persoas participantes nos diferentes programas de SOS Racismo Galicia, pero tamén aberta a todas aquelas persoas que a consideren do seu interese ou ás que se atopen en situación ou risco de exclusión social.

 

Profesor: Marcos Sánchez Armesto

Coste: Gratuíta