Oficina de Información e Denuncia

Qué é a OID?

 

A O.I.D. (Oficina de información e Denuncia) en materia de Racismo e Xenofobia da Coruña é un espazo de asesoramento e apoio integral para aquelas persoas que fosen vítimas ou testemuñas de calquera forma de discriminación ou aplicación desigual de dereitos por razóns racistas e/ou xenófobas na cidade da Coruña.

Pretende contribuír á erradicación da discriminación por motivos raciais e étnicos cara á poboación inmigrante, refuxiada, racializada ou pertencente a minorías étnicas no concello da Coruña.

 

Obxectivos:

  1. Promover entre a poboación inmigrante, refuxiada ou pertencente a unha minoría étnica, así como a profesionais do sector social, a utilización de ferramentas e instrumentos existentes para denunciar e esixir reparación cando sexan vítimas de discriminación ou aplicación desigual de dereitos por razóns racistas e/ou xenófobas.
  2. Facilitar a aquela poboación inmigrante, refuxiada, racializada ou pertencente a unha minoría étnica vítima de discriminación o acceso a un itinerario integral de atención (social, xurídica, psicolóxica…) e acompañamento durante o seu proceso de denuncia e esixencia de reparación.
  3. Bosquexar, negociar e litigar cos axentes discriminadores implicados, para tentar lograr resolucións favorables ás vítimas dos actos de discriminación denunciados, desde un traballo de sensibilización, formación e negociación con eses axentes discriminadores entre outros traballos.
  4. Propagar entre a cidadanía e os axentes políticos, económicos e sociais, unha mensaxe preventiva sobre os prexuízos da discriminación, e unha mensaxe esperanzadora sobre a efectividade das ferramentas existentes para combater a discriminación ou aplicación desigual de dereitos por racismo e/ou xenofobia.

 

PROXECTO FINANCIDO POLO CONCELLO DA CORUÑA

 

Dentro do obxectivos das OID priorizamos, como fundamental e necesaria, unha laboura de formación en materia antirracista e de concienciación e prevención das conductas dicriminatorias e xenófobas. Por iso contamos cun programa de formación remunerada que ofertamos a aquelas entidades, colectivos, centros educativos,.. interesados en achegarse ou profundizar nesta temática, e que podemos axustar, en canto contido e dinámica, ás necesidades de cada sesión.

OID IRPF XUNTA DE GALICIA

 

Qué son as OIDs?

As O.I.D. (Oficinas de información e Denuncia) en materia de Racismo e Xenofobia. Espazo de asesoramento e apoio integral para aquelas persoas que fosen vítimas ou testemuñas de calquera forma de discriminación ou aplicación desigual de dereitos por razóns xenófobas e/ou racistas, así como, un servizo de formación e asesoramento a profesionais do ámbito social e de concienciación social e na aplicación da igualdade de trato.

 

Qué queremos?

Contribuír á erradicación da discriminación por motivos raciais e étnicos, así como por orixe cara á poboación inmigrante, refuxiada, racializada ou minorías étnicas  na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Cómo o facemos?

  1. Apoiando a loita contra o racismo, xenofobia e discriminación, a través das Oficinas de Información e Denuncia (OID) presentes físicamente en Vigo e A Coruña e que atenden todo o territorio da Galiza, para o asesoramento no ámbito da igualdade de trato e a non discriminación por motivos raciais e étnicos.
  2. Mellorando a formación de profesionais do ámbito social e xurídico en Galicia en materia de  da igualdade de trato e a non discriminación por motivos raciais e étnicos.
  3. Fomentando a denuncia de delitos e accións en torno ao racismo/xenofobia/Igualdade.
  4. Apoiando a participación social na loita contra o racismo e a xenofobia.

 

PROXECTO FINANCIADO POLA XUNTA DE GALICIA CON CARGO Á ASIGNACIÓN TRIBUTARIA DO 0,7% DO IRPF (ORDE 11/09/2020)

 

Dentro do obxectivos das OID priorizamos, como fundamental e necesaria, unha laboura de formación en materia antirracista e de concienciación e prevención das conductas dicriminatorias e xenófobas. Por iso contamos cun programa de formación remunerada que ofertamos a aquelas entidades, colectivos, centros educativos,.. interesados en achegarse ou profundizar nesta temática, e que podemos axustar, en canto contido e dinámica, ás necesidades de cada sesión.

 









captcha






HomeMullerColectivo


RegularIrregularNacionalNon consta


Menor de IdadeMaior de Idade






Relato dos feitos/Consulta
Cantos mais detallada sexa a relación de feitos, mellor. Non esquezas engadir, se procede, frases textuais, indumentaria, descripción do axente discriminador, etc..










captcha

“Neikea: Acompañamento xurídico e psicosocial para o resarcimento e restauración xurídica e emocional do dano para vítimas de delitos de odio.”

 

Con este proxecto a Federación SOS RACISMO pretende acompañar de xeito xurídico e psicosocial a aquelas vítimas do dano causado polos delitos de odio na comunidade galega. A OID FEDERACION contará con puntos de información e asesoría en materia de delitos de odio. 

 

Imprescindible cita previa.