Mediación Intercultural e Dinamización Comunitaria

ReDiversa

 

ReDiversa é un proxecto co que desde SOS Racismo Galicia pretendemos que sexan as propias persoas racializadas e migrantes as dinamizadoras dos procesos de interculturalidade. Romper co rol estereotipado e paternalista de suxeito pasivo a suxeito activo transmisor de coñecementos e dinamizador social.

 

Con este proxecto, os/as compañeiros/as do equipo de Dinamización Comunitaria ReDiversa, pretenden contribuír a unha sociedade na que as persoas sexan menos individualistas e teñan máis soños en común, atribuíndo o mellor de cada cultura para facelo “propio” e crear espazos de encontro entre todas as culturas e nacionalidades.

 

Facilitar canles de comunicación e participación social a través da traducción e a dinamización comunitaria intercultural é o seu principal obxectivo, promovendo a verdadeira cohesión social, o encontro, a participación cidadá e as relacións interculturais na comunidade autónoma galega.

 

Este proxecto divídese en tres fases:

 

  • Formación:

Durante esta fase de tres meses, o equipo técnico ( Jonh, Fatou, Saíd, Nour, Aisha, Sidy, Oluchi, Zinthia e Anna) formarase en Mediación Intercultural a través da Universidade Nebrija Co título de experto/a en mediación intercultural, complementando a súa formación en Dinamización Comunitaria a través de docentes expertos no ámbito.

 

  • Deseño de Plan de Dinamización Comunitaria Intercultural:

Esta fase nace para poñer en práctica os contidos aprendidos na fase de formación. O equipo técnico deseñará un plan de dinamización comunitaria intercultural que se presentará nas principais localidades da comunidade autónoma. Tamén se levarán a cabo mediacións de diversa índole que se demanden na entidade, así como, por diferentes axentes sociais que forman parte da sociedade.

 

  • Implementación do Plan de Dinamización Comunitaria

Durante cinco meses, o equipo técnico levará a cabo, mediante contratación laboral, a implementación das actividades deseñadas durante a fase anterior en diferentes localidades da comunidade autónoma galega.

Financia

S.A.M.I.

 

SAMI pretende mellorar a convivencia intercultural do conxunto da poboación da Coruña mediante o establecemento de canles de comunicación e entendemento que parten de concepcións de igualdade e de respecto ante as diversas culturas.

 

Que ofrece o SAMI:

  • Servizo especializado de Mediación intercultural e/ou Tradución e interpretación sociocultural e lingüística.
  • Coñecemento en profundidade de diferentes culturas
  • Manexo de diferentes idiomas
  • Amplo coñecemento dos recursos da sociedade de acollida

 

A quen vai dirixido:

  • Minorías étnicas
  • Institucións públicas/privadas do ámbito social, laboral, económico, xurídico-administrativo, sanitario, educativo,…

 

Servicio de formación e  sensibilización:

Talleres e formación en interculturalidade.