PRIMEIRA ATENCIÓN, ASESORAMENTO E DERIVACIÓN DE MULLERES MIGRANTES

Qué e:

Programa co obxecto de facilitar o proceso de inclusión e participación social das mulleres inmigrantes mediante a atención especializada e individualizada dando a coñecer os dereitos e os recursos existentes para procurar o empoderamento.

 

Dirixido a:

Mulleres inmigrantes que residan na cidade da Coruña ou na súa area metropolitana (Oleiros, Arteixo, Culleredo, Cambre, Sada, Betanzos, Bergondo, Abegondo e Carral).

 

Requisitos:

Mulleres en  situación de risco de exclusión social de acordo co establecido nos artigos 3.1 e 3.3 da Lei 10/2013 do 27 de novembro, ou nunha situación de vulnerabilidade derivada da súa condición de inmigrante.

 

Datas:

Ano 2024
Programa financiado pola Xunta de Galicia por subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con
cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas
físicas e do imposto de sociedades.

 

Obxectivo xeral

Facilitar o proceso de inclusión e participación social das mulleres inmigrantes mediante a atención especializada e individualizada dando a coñecer os dereitos e os recursos existentes para procurar o empoderamento.

 

Obxectivos específicos

OE1: Dar a coñecer os dereitos e os recursos da sociedade de acollida para contribuír o proceso de inserción.

OE2: Facilitar as mulleres o asesoramento e información necesaria para mellorar a inclusión social nas diversas áreas: emprego, seguridade social, asistencia sanitaria, prestacións sociais, vivenda, educación ou formación.

OE3: Contribuír a unha conciencia crítica no referido a equidade de xénero a través de accións específicas.

OE4: Ofertar acompañamento especializado e individualizado.

OE5: Contribuír á mellora dos factores de empregabilidade.

OE6: Contribuír a mellora da autoestima e o benestar psicolóxico das persoas usuarias mediante o apoio e o acompañamento.

OE7: Facilitar as derivacións precisas a outros programas, servizos ou entidades nos casos nos que sexa preciso.

OE8: Contribuír a creación dunha maior conciencia social mediante a realización de actividades de sensibilización. OE5: Contribuír a mellora dos factores de empregabilidade.