Emprega-te

Que é?

Programa  para que as persoas migrantes poidan ter un proceso de acompañamento á hora de facer fronte ao mercado laboral. Totalmente individualizado onde as persoas son as propias protagonistas, e son elas mesmas quenes constrúen o seu futuro.

 

Dirixido a:

  • Persoas migrantes e minorías étnicas.

 

Requisitos:

Persoas que pertenzan a unha minoría étnica ou teña a condición de inmigrante, é dicir, ter nacido el/ela ou os seus proxenitores/as no estranxeiro independentemente de que posuan nacionalidade estranxeira ou española, e que concurran nun ou varios dos factores considerados de exclusión social, segundo a Lei de Inclusión social de Galicia

 

Ter residencia na cidade da Coruña ou na sua área metropolitana (Oleiros, Arteixo, Culleredo, Cambre, Sada, Betanzos, Bergondo, Abegondo e Carral).

 

Datas:

01/01/2021 a 30/06/2022 (2100 horas)

Este servizo está subvencionado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e cofinanciado polo Fondo Social Europeo no período 2020-2022 (PO FSE Galicia 2014-2020).

 

Obxectivo Xeral

Trátase de mellorar os factores de empregabilidade e as habilidades interpersoais das persoas paticipantes para favorecer a súa inserción no mercado laboral a través da creación de itinerarios personalizados de inclusión social e levar a cabo unha prospección do mercado laboral para coñecer os nichos e as saídas menos demandadas

 

Obxectivos específicos

OE1: Promover a mellora das habilidades sociais da poboación para dar a coñecer mellor as súas potencialidades.

OE2: Analizar e coñecer o mercado laboral para saber cales son os nichos laborais. 

OE3: Levar a cabo actividaes de manexo e procura de emprego a través das TICs e coñecer as diferentes APPs de procura de emprego.  

OE4: Fomentar ferramentas para a mellora dos factores de empregabilidade para poder facer fronte a entrevistas de traballo.  

OE5: Crear unha conciencia crítica na equidade e xénero e dar a coñecer o teito de cristal, os dereitos das mulleres traballadoras, os programas de conciliación laboral municipais, etc. 

OE6: Analizar as debilidades e fortalezas da persoas participantes no proxecto para poder elaborar itinerarios de inserción laboral realistas e acorde as súas habilidaes e potencialidades.

 

Resultados esperados

RE1: As persoas participantes no proxecto melloran as súas habilidades sociais.

RE2: A persoa técnica do proxecto coñece o mercado laboral da zona na que se desenvolve o mesmo e contacta con axentes chave e/ou empresas para crear redes de posibles empregadores/as. 

RE3: As persoas participantes acoden ás actividades relacionadas coas TICs na procura de emprego e valoran como moi positivas as formacións.   

RE4: Créanse grupos de apoio para a procura de emprego e se levan a cabo actividades de enfrontamento de entrevistas fora da zona de confort para mellorar os factores de empregabilidade. 

RE5: Os e as participantes no proxecto adquiren unha conciencia crítica no ámbito de xénero e coñecen e recoñecen os seus dereitos.  

RE6: Creanse itinerarios de inserción laboral acordes as debilidades e fortalezas de cada persoa e en relación ás necesidades do mercado laboral.