28 Xuñ Presentación do Informe Anual de SOS RACISMO GALICIA 2020
Presentación do Informe Anual de SOS RACISMO GALICIA 2020
Que pasou co racismo e a discriminación durante o ano 2020?
Faremos un repaso sobre todas aquelas vulneracións de dereitos detectadas durante o ano 2020 en toda a comunidade galega.
Vente debater connosco o sábado 3 de xullo no Centro social A Comuna!
Aforo limitado a 20 persoas, polo que pregamos confirmen a asistencia no seguinte correo: info@sosracismogalicia.org
IMPORTANTE:
Uso de máscara obrigatorio
Distancia física asegurada