Federación SOS Racismo
A Federación de Asociacións de SOS Racismo de España constituíuse en 1995, entre as distintas Asociacións de SOS Racismo existentes no territorio español. Trátase dunha Federación de Asociacións en defensa dos dereitos humanos, que centra a súa actuación na loita contra o racismo e a xenofobia.
En 1989 fúndase en Barcelona a primeira asociación de SOS Racismo do Estado español: SOS Racismo Cataluña, seguindo os pasos da primeira iniciativa de SOS Racismo, creada en Francia.
As diferentes entidades de SOS Racismo contan coa súa propia independencia estatutaria, presupostaria e de plans de traballo que se desenvolven en cada comunidade. Tamén colaboran, conxuntamente, naqueles temas de relevancia a nivel estatal como a elaboración do Informe Anual sobre o racismo no Estado Español.