MORABEZA

PROXECTO MORABEZA

 

Qué é:

Programa co obxecto de facilitar os procesos de inclusión social e laboral das mulleres estranxeiras de terceiros países por medio dunha oficina de atención integral dende unha perspectiva de xénero.

 

Dirixido a:

Mulleres inmigrantes en risco ou situación de exclusión social que residan na cidade da Coruña e a súa area metropolitana (Oleiros, Arteixo, Culleredo, Cambre, Sada, Betanzos, Bergondo, Abegondo e Carral).

 

Requisitos:

  • Mulleres en risco ou situación de exclusión social que residan na cidade da Coruña e a súa area metropolitana (Oleiros, Arteixo, Culleredo, Cambre, Sada, Betanzos, Bergondo, Abegondo e Carral).

 

Data:

  • Ano 2023
    Programa financiado pola Deputación da Coruña e Concello da Coruña

Objetivos:

Contribuír a mellora das habilidades interpersoais e os factores de empregabilidade das mulleres inmigrantes dotándoas das competencias necesarias para favorecer a inserción no mercado laboral por medio de itinerarios personalizados de inclusión social e con alternativas formativas e laborais acordes ao seu potencial e proxecto vital.

 

Objetivos específicos:

OE1: Coñecer o mercado laboral, as ofertas, os requisitos específicos e os nichos de mercado
para facilitar a inserción das mulleres participantes no proxecto.
OE2: Crear itinerarios personalizados de inclusión social realistas e acorde as necesidades e
características de cada persoa.
OE3: Facilitar as mulleres o asesoramento e información necesaria para mellorar a inclusión
social nas áreas de: emprego, seguridade social, asistencia sanitaria, prestacións sociais,
vivenda, educación ou formación.
OE4: Contribuír a unha conciencia crítica no referido a equidade de xénero a través de
accións específicas.
OE5: Contribuír a mellora dos factores de empregabilidade.
OE6: Ofertar acompañamento especializado e individualizado na procura de emprego.