COMUNICADO: O #8M #NosParamos

COMUNICADO: O #8M #NosParamos

En SOS Racismo Galicia queremos amosar o noso apoio absoluto secundando a Folga Xeral das Mulleres do 8 de Marzo e facendo chamamento a acudir as manifestacións/concentracións que levaranse a cabo en diferentes localidades do territorio galego.

 Desde SOS Racismo Galicia entendemos que a equidade de dereitos das persoas non pasa só polo antirracismo, se non tamen polo feminismo.

É indispensable que sexamos conscientes de cómo o sistema patriarcal e capitalista oprime e nos violenta polo noso xénero, así como, a interseccionalidade de diversas discriminacións pola nosa  sexualidade, procedencia, clase social, etc…

 Por dito motivo, SOS Racismo Galicia, como entidade antirracista, mais tamen feminista, súmase a Folga Xeral por todalas discriminaciós que a cotiá sufrimos, mais tamen por todas aquelas mulleres que non poden estar por a sua falta de dereitos laborais, pola sua situación de irregularidade administrativa, por todas aquelas familias monomarentais que non dispoñen de redes de apoio, polas que se atopan cruzando fronteiras para procura dunha vida mellor, polas mulleres presas nos CIEs, e como non, por todas e cada unha das mulleres asesinadas a man do machismo e o patriarcado.

Porque nos queremos libres, feministas e antirracistas.