PUBLICACIÓN: Mulleres, feminismos, institucións e discursos fronte ao racismo e sexismo.

PUBLICACIÓN: Mulleres, feminismos, institucións e discursos fronte ao racismo e sexismo.

A Plataforma Cidadá contra a Islamofobia, denunciou no seu Informe de 2016 que os incidentes contra as persoas musulmás (ou quen é identificadas como tales) no estado español aumentaron un 106,12%, rexistrándose 573 incidentes, dos cales, o 14,14% foron contra mulleres. A Axencia de Europea Dereitos Fundamentais ( FRA) recolle no seu informe “Musulmáns na UE” presentado en setembro de 20171, que o 31% das persoas musulmás que buscan traballo foron discriminadas durante os últimos 5 anos, o 42 % sometidas a controis pola súa pertenza a unha minoría étnica ou a súa orixe inmigrante. Amparo Sánchez, presidenta do Centro Cultural Islámico de Valencia refería 81 agresións islamófobas contra mulleres e 23 contra nenos ou nenas no estado en 2016. Os informes alertan de que «Este incremento de odio e violencia tamén se produciu na islamofobia de xénero con graves agresións a mulleres musulmás (SOS Racismo, 2017:190).
Son eses actos que van desde as discriminacións cotiás, a miúdo normalizadas e invisibles, ata as agresións máis violentas, os que levou á Federación de SOS Racismo a implementar unhas accións que se centraron en abrir espazos de participación normalizada do colectivo concernido, visibilización de desigualdades e procura de estratexias de afrontamiento contra este racismo, tanto de baixa como de alta intensidade. Para iso, durante o ano 2017 a Federación de SOS Racismo realizou o proxecto de Mulleres e islamofobia. O mesmo foi executado por SOS Racismo Gipuzkoa nese territorio histórico e por SOS Racismo Galicia en Pontevedra e A coruña. As accións tiveron dous eixos diferenciados e interrelacionados que recolle esta publicación.
Nunha primeira fase, organizáronse talleres con grupos de mulleres musulmás para facilitar a súa participación e empoderamiento ante as discriminacións múltiples e interseccionales. Engadir que a estes espazos tamén foron convidadas e acudiron mulleres non musulmás, co fin de reforzar a participación, o coñecemento e o recoñecemento mutuos.

Nunha segunda fase, celebráronse os “Encontros sobre islamofobia e xénero” en Donostia, onde se debateu sobre os distintos aspectos que inflúen á hora de xerar ou loitar contra a islamofobia de xénero. Os Encontros foron espazo para as propias mulleres concernidas, axentes que implementan políticas públicas, organizacións sociais e persoas a título individual interesadas na loita antirracista.

Finalmente, a publicación recolle unha serie de recomendacións concretas como posibles estratexias para loitar contra estas discriminacións.
Agradecementos: ao Ministerio de Emprego e Seguridade Social, Fondo Asilo, Migración e Integración como financiadores do proxecto no seu conxunto. Ao Concello de Donostia e o Departamento de Psicoloxía Social e Metodoloxías do a CC.CC da UPV/ EHU polo seu apoio na organización e financiamento dos Encontros sobre islamofobia e xénero. Agradecer o apoio para a organización dos talleres a: Concellos e técnicas de inmigración e diversidade de Errenteria, Pasaia, Tolosaldea, Arrasate e Eibar. Asociación de Mulleres Musulmás de Euskadi; Asociación de Mulleres Bidaya; Concello da Coruña Concello de Arteixo, Concello de Vigo, Centro cultural Islámico de Vigo, Grupo mozas musulmás de Galicia e Voluntariado participante. Grazas tamén ás seguintes persoas e institucións pola súa colaboración na organización dos Encontros de Islamofobia e xénero: Ángeles Ramirez, Fatima Tahiri, Jordi Moreras, Fatima Taleb, Khadija Ryadi, Salma Amzian, Margaret Bolen, Antoinette Torres, Daniel Ahmed, Laura Navarro, Fatima Aatar, Dep. Psicoloxía social e Metodoloxía da CC. SS UPV/ EHU, Concello de Donostia e ZAS! Rede Vasca Antirumores.

Fonte: Federación SOS Racismo https://sosracismo.eu/publicacion-islamofobia-genero/

 

Tags:


Denuncia
close slider









captcha






HomeMullerColectivo


RegularIrregularNacionalNon consta


Menor de IdadeMaior de Idade






Relato dos feitos/Consulta
Cantos mais detallada sexa a relación de feitos, mellor. Non esquezas engadir, se procede, frases textuais, indumentaria, descripción do axente discriminador, etc..










captcha