Formación: Discriminación e Delitos de odio. Detección e intervención

Formación: Discriminación e Delitos de odio. Detección e intervención

Dende as Oficinas de Información e Denuncia cremos que un dos traballos a desenvolver polas persoas profesionais do ámbito social, pasa por recoñecer e denunciar aquelas situacións de vulneración de dereitos nas que nos vemos envoltas no noso traballo cotiá . Para elo, realizamos esta actividade formativa dirixida a profesionais ou futuros/as profesionais do ámbito social, na que facilitaremos unhas pautas que nos axuden a detectar a vulneración de dereitos na aplicación da igualdade de trato, así como, as diferentes ferramentas que temos a noso alcance como profesionais para intervir e/ou denunciar.

Esta sesión formativa contará cunha duración máxima de 4 horas. Adicaremos tres horas á parte teórica, na que faremos unha aproximación a aquelas situacións e conceptos vinculados aos procesos discriminatorios mais comúns e os procesos de intervención, e unha hora a maiores, na que poderemos realizar casos prácticos reais, a partir dos cales se porán en práctica os coñecementos adquiridos na parte teórica.

Animámosvos a participar de xeito presencial para construir e artellar ferramentas de traballo en rede que nos permitan unha loita conxunta contra o racismo e a xenofobia en Galicia.

Docentes:

  • Sonia Mendes da Silva: Socióloga e técnica da Oficina de Información e Denuncias
  • Patricia Martínez Pino: Avogada da Oficina de Información e Denuncias da área Norte.

Inscrición: denuncias@sosracismogalicia.org

Nota: Esta formación está destinada a profesionais  ou futuros/as  profesionais do ámbito social.

Financia: