
27 Feb FORMACIÓN: Curso de preparación do exame CSCE de acceso a nacionalidade española
Posted at 17:23h in novas
O curso de Coñecementos constitucionais, sociais e culturais de España (CCSE), ten como obxectivo que as persoas inmigrantes adquiran os coñecementos necesarios para a superación do exame requerido para a obtención da nacionalidade Española. Ou incrementar os seus coñecementos en base a cultura, a historia e os dereitos constitucionais. Terá unha duración de 15 horas e realizaremos duas edicións do curso.
Duración: 15 horas
Coste: Gratuíto
Persoas destinatarias: persoas inmigrantes residentes na cidade de A Coruña, ou na súa área metropolitana, que demanden dita formación.