06 Xuñ Espazo de encontro e autoformación: Mulleres musulmás frente a islamofobia
Con esta nova línea de actuación que se pon en marcha no 2017, pretendemos contribuir a combatir a utilización da islamofobia como ferramenta discriminatoria contra as mujeres a través de 4 accións:
- Creación de grupos de mulleres musulmás para a Participación Social:
- Realización do seminario “Islamofobia desde a perspectiva de xénero”
Mesas de traballo:
Diálogos entre feminismos;
A imaxe mediática da muller musulmá e islamofobia;
Discursos e políticas discriminatorias en relación ao Islam/Muller;
- Elaboración e difusión dunha publicación onde se recollerán as conclusións, propostas e relatos xurdidos nos grupos de discusión e plenario.
- Elaboración dunha guía de propostas para a acción.
Neste momento atopámonos no primeiro paso, onde se promoverá en diferentes concellos de Galicia, espazos de encontro e autoformación dirixidos a mulleres musulmás e onde falaremos das nosas experiencias como mulleres e as diversas ferramentas das que dispoñemos frente a crecente islamofobia.
As mesas de traballo e formacións nestes encontros centraránse en dúas temáticas:
- Discriminacións múltiples: formación dinamizada por Carmen V. Valiña , e
- A imaxe mediática da muller musulmá: dirixida por Mina Shayan
As formacións terán unha duración de tres horas e media, e levaránse a cabo nos concellos de:
Vigo
A Coruña
Arteixo – A Coruña (Data e hora pendente de confirmación)