Curso orientado á obtención do Informe de Esforzo de integración: “Funcionamento e características da sociedade de acollida”

Curso orientado á obtención do Informe de Esforzo de integración: “Funcionamento e características da sociedade de acollida”

Que é o Informe de esforzo de integración?

 

Trátase dun informe que emite unha Comunidade Autónoma, por solicitude dun cidadán/a estranxeiro/a que desexa:

Renovar a súa autorización de residencia temporal non lucrativa
Renovar a súa autorización de residencia temporal por reagrupamento familiar.
Renovar a súa autorización de residencia temporal e traballo por conta propia ou allea.

Este informe non ten que presentarse obrigatoriamente, pero pode ser alegado pola persoa estranxeira en caso de non acreditar o cumprimento dalgún dos requisitos previstos para a renovación da autorización e será tido en conta como información a valorar pola oficina de estranxeiría.

Este informe solicítase na Comunidade Autónoma do seu lugar de residencia.

O informe terá como contido mínimo a certificación, se é o caso, da participación activa do estranxeiro en accións formativas destinadas ao coñecemento e respecto dos valores constitucionais de España, os valores estatutarios da Comunidade Autónoma en que se resida, os valores da Unión Europea, os dereitos humanos, as liberdades públicas, a democracia, a tolerancia e a igualdade entre mulleres e homes, así como a aprendizaxe das linguas oficiais do lugar de residencia. Neste sentido, a certificación fará expresa mención ao tempo de formación dedicado aos ámbitos
CARTEL CURSO ESFUERZO INTEGRACION

 


DIRIXIDO A PERSOAS ESTRANXEIRAS:

En proceso de renovar a súa autorización de residencia temporal (non lucrativa, familiar, conta allea, conta propia…)
e que carezan dalgún requisito que poida ser suplido co “Informe de esforzo de integración”

REQUISITOS

Estar empadroado/a na Comunidade autónoma de Galicia

DURACIÓN

Do 20 de Xullo ao 31 Xullo: de Luns a Venres en horario de 16:00 a 20:00h

LUGAR:

R/ Alcalde Lens 34, 1ºC (A Coruña)

INSCRICIÓN

Correo electrónico: sosracismogalicia@gmail.com
Tfn: 698 163 742
Presencial: R/Alcalde Lens 34 1ºC (A Coruña)