COMUNICADO: “Fagamos da RISGA un verdadeiro dereito”

COMUNICADO: “Fagamos da RISGA un verdadeiro dereito”

PRESENTACIÓN PÚBLICA: ACORDO COLECTIVO DE ESIXENCIA DE GARANTÍAS BÁSICAS NO RELATIVO Á TRAMITACIÓN DA RENDA DE INCLUSIÓN SOCIAL DE GALICIA (RISGA) E DAS AXUDAS DE INCLUSIÓN

 

Un grupo significativo de  organizacións sociais e políticas (case unha veintena) que, a maioría delas, presentamos  alegacións ao proxecto de decreto de desenvolvemento da lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, no relativo á tramitación da renda de inclusión social de Galicia e das axudas de inclusión, e que queremos continuar demandando a nosa participación activa no proceso que leve a establecer o futuro tanto da renda de inclusión social de Galicia como, por ende, das políticas sociais que deben garantir o noso sistema de protección social, vimos de elaborar este Acordo Colectivo que se presenta o martes 8 de maio ás 17:00 h cun Acto público e Rolda de Prensa Informativa diante do Parlamento de Galicia , na Rúa do Horreo, en Santiago de Compostela. O lema do acto será: FAGAMOS DA RISGA UN VERDADEIRO DEREITO.   Ao día seguinte o Acordo remitírase por Rexistro Oficial á Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

As Organizacións asinantes do Acordo sonForo Galego de Inmigración, Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG), Asociación ONG Viraventos, Proserso, SOS Racismo,  Oficina de Dereitos Sociais de Coia (Vigo), Asociación Boa Vida,  Asociación Plataforma Polo Emprego,  Baladre (Coordinación c contra a precariedade, o empobrecemento e a exclusión)   Colectivo de Renda Básica Universal de Compostela, Coordenadora de Crentes Galegos, Esquerda Unida,  BNG, Compostela Aberta, En Marea, CUT

GLOBALMENTE O ACORDO PRETENDE.

  1. A reformulación do proxecto de decreto da Risga e da propia Lei de inclusión social en base ao exposto neste documento.
  2. Que as organizacións e colectivos asinantes poidamos participar activamente e con carácter vinculante no proceso de reformulación do proxecto e no procedemento de audiencia unha vez estudadas as correspondentes alegacións

En concreto, O Acordo estruturase en seis partes que revíndican unha Risga.

  1. Garantida e informada, coa esixencia dunha carteira de servizos accesible mediante a  elaboración dunha  “carta de servizos” que a cidadanía poida consultar para  coñecer os recursos, servizos e prestacións do sistema social.
  2. Como Dereito cidadá e non como subsidio condicionado. Esiximos un modelo de RISGA como dereito e non como prestación graciable que parta da dignidade da persoa e non criminalice a pobreza, polo tanto :
  • Ao que poidan acceder calquera persoa empadroada en territorio galego (eliminar  o requisito de “residencia legal”).
  • Sin as actuais limitacións de idade, (suprimir a franxa de idade 25-65 anos).
  • Con posibilidade. de percibir máis dunha Risga no mesmo domicilio.
  • Eliminando o criterio de “familiares obrigados a prestar alimentos”.

 

3. Suficiente e Digna: esiximos unha RISGA suficiente para garantir unha existencia digna e a participación na sociedade como  elemento básico de inserción social, por iso, é imprescindible

  • Aumento das contías para garantir o principio de suficiencia e dignidade na  satisfacción das necesidades básicas. Seguindo as indicacións do Comité  Europeo de Dereitos Sociais en relación ás remuneracións suficientes para garantir   un nivel de vida digno se debería estar contemplando contías de Risga que  representasen o 60% do salario medio, o que en Galicia suporía duplicar a actual  contía de 403,38 euros establecida para unha persoa.
  • Eliminación de incompatibilidades con ingresos escasos procedentes de contratos precarios, prestacións  e  outras axudas públicas.

 

4. Accesible e eficaz: defendemos un modelo de RISGA eficiente e áxil, sen burocratizacións innecesarias, co obxecto de que cumpra o seu cometido na maior brevidade posible, polo tanto:

  • Simplificación do procedemento e, en todo caso, cumprimento dos tempos de tramitación (tempo máximo de tres meses dende a entrada da solicitude no Concello correspondente).
  • Informe Social como elemento vinculante e prioritario, por riba do número inxente de documentos que se solicitan, cun modelo de “xanela única” e de dixitalización de documentos que axilizen todo o proceso.

 

5. Individualizada e Respectuosa: defendemos unha RISGA garantista cos dereitos individuais e respectuosa co proxecto de vida escollido pola persoa, por iso:

  • Valoración principal de acceso relativa á situación de empobrecemento  económico e falta  de recursos efectivos. Eliminando por tanto os requisitos de  “factor de exclusión” e “desemprego”. –
  • Criterios individualizados.
  • Coñecemento e consenso no proxecto de inclusión. Facilitar o acceso ao mesmo.

 

6. Efectiva e Sostible, para iso, compre:

  • Coordinación entre administracións.  Obxectividade e uniformidade de  criterios. –
  • Reforzo e formación continua do persoal implicado en todo o procedemento,  garantindo a presencia de profesionais do  traballo social, entre outros profesionais nas unidades de tramitación. Criterios técnicos das profesionais implicadas na tramitación e supervisión dos  procedementos. Superación de estereotipos, xuízos e prexuízos sociais,  entendendo a  protección social como  dereito.
  • Intervención nun contexto de axuda e acompañamento real, minimizando  prácticas de control e erradicando as de persecución e criminalización do  empobrecemento das persoas.
  • Interdisciplinariedade para garantir a calidade da intervención.

 

Persoas de Contacto para prensa :

Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia: Silvia Sanjurjo (605-028879)

Colexio de Educadores e Educadoras Sociais de Galicia: (Sonia 679690667)

Foro Galego de Inmigración:  Miguel Fernández (662-307019)



Denuncia
close slider









captcha






HomeMullerColectivo


RegularIrregularNacionalNon consta


Menor de IdadeMaior de Idade






Relato dos feitos/Consulta
Cantos mais detallada sexa a relación de feitos, mellor. Non esquezas engadir, se procede, frases textuais, indumentaria, descripción do axente discriminador, etc..










captcha