CAMPAÑA DA REDE DE ESPAZOS LIBRES DE XENOFOBIA: “Racistas #mantenosforadexogo”

CAMPAÑA DA REDE DE ESPAZOS LIBRES DE XENOFOBIA: “Racistas #mantenosforadexogo”

RACISTA, #MANTENOSFORADEXOGO

Rede de Espazos Libres de Xenofobia.

Dende Sos Racismo Galicia entendemos que os xestos simbólicos tamén constrúen cultura e sociedade, polo que queremos facer público a nosa nova campaña “RACISTAS, #MANTENOS FORA DE XOGO“, facendo un chamamento ós espazos de ocio de Galicia para que se sumen a esta iniciativa, contra do racismo e a xenofobia nestes Para isto, convidamos a todos aqueles establecementos que queiran e compartan a nosa sensibilidade, a colocar o cartel da campaña co lema “Mantenos fóra de xogo”, posicionándose así connosco na loita cotiá contra a discriminación das persoas pola súa orixe, etnia ou cor de pel.

Esta campaña enmárcase no traballo constante de Sos Racismo Galicia por visibilizar a riqueza da diversidade e a importancia de construír unha sociedad igualitaria e libre de discriminación na nosa terra.

  • Solicitanos o cartel ou descargao aquí
  • Colgao no teu local
  • Sube unha foto o Facebook e/ou twitter co hastag #mantenosforadexogo e etiquetanos. Non esquenzades  engadir o nome do voso local, asi como a localidade.

Cada semana iremos actualizando na nosa web o listado de espazos libres de discriminación.

Contacto:

  • +34 698 163 742
  • sosracismogalicia@gmail.com

REDE DE ESPAZOS LIBRES DE XENOFOBIA:

Centro Social A Comuna (A Coruña)

Oficina de Cooperacion e Voluntariado Udc (A Coruña e Ferrol)

Bar La Parroquia ( A Coruña)

Bar O Polvorín ( A Coruña)

A Ras de Ras cafe&mas (Santiago de Compostela)

Restaurante Mamá África (A Coruña)

Eco-tenda Macarena (A Coruña)

Bar “O Chiringuito” (A Coruña)

Tenda deportiva Topboxing (A Coruña)