ARTIGO: A lei de estranxeiría española vulnera os dereitos das persoas migrantes

ARTIGO: A lei de estranxeiría española vulnera os dereitos das persoas migrantes

Resulta habitual constatar que as políticas e as leis migratorias implementadas por países receptores de grupos humanos en mobilidade internacional tenden a colocar ás persoas migrantes nunha posición de vulnerabilidade social, á vez que os seus marcos políticos-xurídicos contradín os acordos adquiridos en materia de dereitos humanos.

España non fuxe desta problemática e, de feito, resulta un claro exemplo de flagrantes incongruencias dentro do seu sistema xurídico aplicado á poboación estranxeira e que demostra unha práctica deficitaria á hora de establecer un equilibrio positivo entre a xestión e acollida dos fluxos migratorios, a través da súa lexislación nacional, e respecto a aqueles dereitos supranacionais que garanten a protección e promoción dos dereitos universais das persoas migrantes.

Neste senso, coñecer as normativas xurídicas que regulan a presenza das persoas migrantes nos países de destino —neste caso, España— axúdanos a entrever até que punto as leis son xustas ou non, e permiten que as persoas estranxeiras acóllanse a certos beneficios que incidirán positivamente na súa calidade de vida no país de recepción ou, en troques, o propio sistema xurídico actúa como unha forte limitante e ergue barreiras para que as persoas migrantes poidan aumentar de facto as súas oportunidades de integrarse na sociedade de acollida en igualdade de condicións a quen naceu en territorio español e recoñéceselles como tal. E é que xa o manifestaba Horacio Capel no seu archicitado artigo Inmigración e estranxeiros en España. O dereito á mobilidade e os conflitos da adaptación: «Acéptase a migración porque fai falta man de obra, pero non se quere conceder a cidadanía, que supón plenitude de dereitos» (2001: 340). E velaquí o quid da cuestión: a Lei de Estranxeiría española, como tantas outras dos chamados países do Norte, contén un marcado talante mercantilista, que non aprecia ás persoas migrantes polo seu capital humano, senón pola súa calidade de facer humano.

De feito, dende a aprobación desta primeira lei de dereitos e liberdades das persoas estranxeiras — Lei Orgánica 7/1985, do 1 de xullo— e até o 2018, a realidade migratoria ten evoluído, pero semella que a principal preocupación do Estado español segue a ser a mesma: económica. Si, a principal preocupación do Estado español asociado á inmigración é económica, concepción que trae consigo consecuencias negativas que se observan na forma de lexislar sobre a inmigración. Co fin de xustificar esta formulación teórica, dispoñémonos a analizar —aínda que moi sucintamente— a normativa española aplicábel á poboación estranxeira.

ley de extranjería española (7)

A actual lei que regula os dereitos e liberdades das persoas estranxeiras en España, aínda que comunmente coñecida como A Lei de Estranxeiría, oficialmente denomínase Lei Orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social. E resulta relevante coñecer cal é a súa nomenclatura completa porque nela sinálansenos varias pistas de que é exactamente o que pretende normativizar a nivel lexislativo: dereitos, liberdades e integración das persoas estranxeiras.

Mas antes de pasarmos a enumerar algúns dos exemplos que reafirman o desinterese do Estado español por lexislar a favor dos dereitos da poboación migrante, imos enunciar varios dos principios expostos na citada Lei de Estranxeiría para que saibamos dentro de qué  marco xurídico-administrativo se moven as persoas vindas doutros países.

No Artigo 2 bis. A política inmigratoria expóñense os seguintes puntos:

2. Todas as Administracións Públicas basearán o exercicio das súas competencias vinculadas coa inmigración no respecto aos seguintes principios:

c) a integración social dos inmigrantes mediante políticas transversais dirixidas a toda a cidadanía;
d) a igualdade efectiva entre mulleres e homes;
e) a efectividade do principio de non discriminación e, consecuentemente, o recoñecemento de iguais dereitos e obrigacións para todos aqueles que vivan ou traballen legalmente en España, nos termos previstos na Lei;
f) a garantía do exercicio dos dereitos que a Constitución, os tratados internacionais e as leis recoñecen a todas as persoas;
g) a loita contra a inmigración irregular e a persecución do tráfico ilícito de persoas;
i) a igualdade de trato nas condicións laborais e de Seguridade Social;
j) a promoción do diálogo e a colaboración cos países de orixe e tránsito de inmigración, mediante acordos marco dirixidos a ordear de maneira efectiva os fluxos migratorios, así como a fomentar e coordinar as iniciativas de cooperación ao desenvolvemento e codesarrollo.
3. O Estado garantirá o principio de solidariedade, consagrado na Constitución, atendendo ás especiais circunstancias daqueles territorios nos que os fluxos migratorios teñan unha especial incidencia. Unha vez lido algún dos principios nos que se fundamenta a Lei de Estranxeiría, procederemos a enumerar os exemplos onde se soslaian estes principios.

Incongruencias na Lei de Estranxeiría

Lei mercantilista

Dicíamos anteriormente que a Lei de Estranxeiría destila un marcado cariz mercantilista, e é que non regula da mesma maneira en situacións nas que persoas estranxeiras son necesitadas para realizaren traballos en España. Se se require man de obra foránea, flexibilízanse os criterios; pero se sobran persoas estranxeiras, as barreiras érguense e, así, obter os permisos pertinentes para que a persoa migrante resida en chan español pode converterse nunha odisea que termine abocando a grande parte deste colectivo a unha sorte de clandestinidade indesexada.

Exemplos moi claros que reafirman o ton mercantilista da Lei de Estranxeiría son: a facilidade que dá o Estado á hora da realización dos trámites para a obtención de residencia se se compra unha vivenda en España, o proceso para a contratación de futbolistas ou grandes deportistas, etc.

Regularización da situación dunha persoa estranxeira en España

Na Lei de Estranxeiría atopámonos que as persoas inmigrantes ven imposible regularizar a súa situación en España, agás as seguintes excepcións: por arraigamento, circunstancias excepcionais e razóns humanitarias. Ver Artigo 31. Situación de residencia temporal.

No post publicado anteriormente neste blog, «Muller inmigrante e/ou racializada», demóstrase unha forma de exclusión en España baseada no fenómeno do arraigamento laboral e o arraigamento social, e as condicións que debe cumprir a persoa inmigrante para regularizar a súa situación ante o Estado.

Realizamos a continuación un somero resumo sobre o que significa ter a opción de acceder á regularización administrativa das persoas estranxeiras a través do arraigamento social e do arraigamento laboral.

ley de extranjería española (10)

Segundo a vía de arraigamento social, a persoa solicitante debe levar como mínimo tres anos en España de maneira irregular —claro, tres anos sen seguridade social, emprego ou atención sanitaria.

A grandes liñas, o arraigamento laboral é unha autorización de residencia temporal por circunstancias excepcionais que se podería conceder a cidadáns estranxeiros que se atopen en España e tivesen relacións laborais durante un mínimo de seis meses de forma irregular, e que poidan demostrar permanencia continuada en España durante un período mínimo de dous anos. En poucas palabras, trátase de que a persoa migrante leve como mínimo dous anos vivindo de maneira irregular en España, sen dereitos e que demostre que no seu tempo de estancia traballase durante un mínimo de 6 meses, nunha situación que anula os dereitos laborais das persoas estranxeiras. É dicir, estamos perante un fomento indirecto da explotación laboral dos migrantes.

De todos é sabido que os países occidentais necesitan e reciben voluntariamente a grupos de estranxeiros que detenten un perfil laboral de man de obra cualificada —son os denominados Recursos Humanos Altamente Cualificados— para reforzar as súas economías. Pero inevitablemente tamén precisan contar cunha poboación, xeralmente estranxeira, que realice actividades de escasa cualificación en diversos sectores socioeconómicos —agricultura, hostalaría, construción e coidados ou servizos domésticos—, tradicionalmente vencellados en grande medida á economía mergullada.

Dado que a cidadanía autóctona cada vez renega máis destes sectores informais, mal pagos, infravalorados e que implican moito esforzo físico —xa sexa pola duración das súas xornadas laborais ou pola incomodidade física do emprego en sí—, os empregadores nacionais necesitan recorrer a unha man de obra disposta a traballar en condicións de ilegalidade e que, se é posible, posúan un perfil de alta vulnerabilidade social, que resulten presa fácil para aturar situacións de abuso de poder e vulnerabilidade de dereitos, que lles asegure aos contratantes o silencio do seu persoal. Neste sentido, a poboación inmigrante, principalmente aquela que non ten regularizada a súa situación administrativa, perfílase como man de obra idónea para este tipo de empregos altamente precarizados.

En efecto, son múltiples os autores que corroboran a hipótese de que, tanto no Estado español como no resto dos países do sur de Europa, o peso da economía mergullada é considerable. En palabras de Miguel Laparra: «A caracterización que habitualmente se fai do proceso de incorporación laboral dos inmigrantes no sur de Europa está marcada por dúas ideas fundamentais: que estas persoas incorpóranse nos empregos irregulares da economía informal, e que están confinadas exclusivamente nuns poucos sectores de baixa cualificación e extremadamente precarios.» (2008: 7)

Todo o cal nos leva a unha premisa inequívoca: o colectivo empresarial —e a un nivel doméstico, o/a empregador/a particular— nacional actúan en conclusión con certa permisividade das autoridades locais para levar a cabo a práctica de contratar verbalmente a inmigrantes en situación irregular para sacar adiante os seus intereses mercantís, sen ter que tributar a Facenda ou á Seguridade Social os seus beneficios, pero sempre á conta de anular os dereitos laborais das persoas estranxeiras.

En todo caso, vemos como a Lei de Estranxeiría dalgún modo auspicia a empregabilidade informal, o cal non é de axuda para favorecer a inclusión social das persoas migrantes na sociedade de acollida, tendo en conta que esta pode percibir con receo as súas vivencias persoais precarias. Todas estas circunstancias no seu conxunto impiden que parte da colectividade migrante poida acceder a unha vida persoal e social digna e de calidade.

ley de extranjería española (8)

Por tanto, vemos aquí como o propio Estado convida á poboación inmigrante a mergullarse no mundo da explotación laboral e, de paso, convérteos en cidadáns de segunda clase. O cal non resulta baladí en absoluto, tendo en conta  que en moitas ocasións o rexeitamento cara á poboación estranxeira, e con iso a súa estigmatización, ten que ver máis co seu estilo de vida pauperizado que co feito concreto de seren de fóra. Pensemos nos exemplos do cotián onde  escoitamos queixas sobre a poboación migrante que habita en barrios obreiros da cidade, pero non así sobre os deportistas de élite ou persoas estranxeiras instalados nas zonas máis adiñeiradas do país.

A integración social segundo a Lei de Estranxeiría

Segundo lese na Lei de Estranxeiría, resulta importante para o Estado español que a persoa estranxeira se “integre” á sociedade española. Con todo, o propio Estado non lexisla de forma axeitada para que esa “integración” se leve a cabo. O que se observa continuamente, de feito, é unha necesidade-intencionalidade de que estes grupos sexan asimilados, non integrados.

Artigo 2 bis. A política inmigratoria

2. Todas as Administracións Públicas basearán o exercicio das súas competencias vinculadas coa inmigración no respecto aos seguintes principios:

c) a integración social dos inmigrantes mediante políticas transversais dirixidas a toda a cidadanía; A asimilación podería definirse como o proceso mediante o cal un grupo minoritario termina adoptando as características e costumes do grupo maioritario, como forma de adaptación, este proceso leva consigo a perda ou deterioración de identidade do grupo minoritario.

Aínda que o termo integración pode ser cuestionable, aclaramos que ao facer uso do mesmo referímonos ao feito de que diversos grupos étnicos ou socioculturalmente diferentes poidan coexistir e interactuar de modo cohesionado e pacífico, sentindo que participan proactivamente na sociedade en que se inseriron, sen que iso esixa que algún destes colectivos socioculturais perdan a súa identidade de procedencia.

Con todo, cando a Lei menciona a necesidade de integración social de quen procede do estranxeiro, o que busca é impulsar a homoxenización destes co resto da poboación nacional, é dicir, que adquiran os valores e trazos culturais da sociedade española, en detrimento do mantemento dos seus propios acenos de identidade étnicas e socioculturais.

Este fenómeno percíbese claramente nos casos de solicitude de arraigamento social, cando á persoa estranxeira esíxeselle un certificado de esforzo de integración —emitido por persoal dos Servizos Sociais municipais—, onde se demostre o seu grao de involucración e de asunción da cultura española. Porén, nen sempre a Administración proporciona ferramentas ou recursos de balde para que estas persoas adquiran determinados coñecementos relativos á cultura do país (como é o caso da aprendizaxe das linguas da Comunidade Autónoma, por citarmos un).

Cando o concepto de integración, tal como acontece na Lei de Estranxeiría, emprégase dende unha posición de poder, dominación ou autoridade, como se se tratase dun deber da persoa migrante adaptarse á sociedade de acollida, perde todo o seu significado positivo e tórnase nun termo corrosivo, pois despreza a diversidade e obstaculiza a construción dunha sociedade realmente intercultural, equitativa e que estimule á participación cívica plena.

ley de extranjería española (11)

A Lei de Estranxeiría castiga a irregularidade administrativa dunha persoa estranxeira coa expulsión e en moitos casos coa reclusión nos Centros de Internamento de Estranxeiros (CIE). Non fai falla pensar dúas veces para entender que privar a liberdade dun ser humano que busca unha mellor calidade de vida, ou simplemente salvar a súa vida, resulta contrario aos Dereitos Humanos.

A Lei de estranxeiría e os Dereitos Humanos

Aínda que Lei de Estranxeiría establece que se respectan os Dereitos Humanos, as persoa estranxeirass que chegan a España seguen atopando limitacións para poder exercer o dereito a traballar, á asistencia sanitaria, a unha vivenda ou á libre circulación. Estes obstáculos van en contra da garantía dunha vida digna, inherente a todo ser humano.

Despois de ler varias, que non todas, as incoherencias e violacións que se atopan dentro da actual Lei de Estranxeiría, cremos convinte preguntármonos se realmente esta Lei responde á realidade  —chea de carencias— dos seres humanos que se atopan en situación irregular no Estado español ou máis ben é un filtro para deter a entrada de persoas sen recursos económicos.

E postos a facernos preguntas, tamén poderiamos tentar responder se a Lei de Estranxeiría respecta os Dereitos Humanos e lexisla ao seu favor e, como comentábamos ao comezo, se realmente as persoas estranxeiras poden mellorar as súas oportunidades de obter unha vida digna no contexto socio-xurídico que promove esta Lei.

Estas e outras cuestións que vaian emerxendo tras unha revisión exhaustiva da Lei de Estranxeiría en vigor, resultan ser preguntas abertas, onde non existe unha resposta categórica que as aclare. Pero é primordial levarnos a cuestionar a calidade das normas lexislativas que envolven os dereitos das persoas migrantes radicadas en España, para, a partir deste punto, avogar por que se modifiquen nas súas contradicións e realmente sirvan para velar polo cumprimento dos dereitos universais fundamentais de todo ser humano, incluídos —está claro— a colectividade migrante.

Con todo, velaquí onde se acha un faro de esperanza: as leis non son inamovibles, así a todo, son susceptibles de ser modificadas se así resulta oportuno. E se as sociedades van evolucionando continuamente, as súas leis deben facelo ao mesmo ritmo.

Colaboración, edición e tradución: Sabrina Soledad Suárez Bequir



Denuncia
close slider









captcha






HomeMullerColectivo


RegularIrregularNacionalNon consta


Menor de IdadeMaior de Idade






Relato dos feitos/Consulta
Cantos mais detallada sexa a relación de feitos, mellor. Non esquezas engadir, se procede, frases textuais, indumentaria, descripción do axente discriminador, etc..










captcha