SAMI Servizo de Mediación Intercultural

Coa implementación do SAMI preténse contribuír á mellora da convivencia intercultural do conxunto da poboación da área metropolitana da Coruña co establecemento de canles de comunicación e entendemento que poñan o foco nas concepcións de equidade e respecto entre as diversas culturas e tendo en conta os códigos culturais que lles son propios a cada unha. 

 

Obxectivo xeral

Mellorar a convivencia intercultural do conxunto da poboación de A Coruña e a súa área metropolitana mediante o establecemento de canles de comunicación e entendemento que partan de concepcións de igualdade e de respecto ante as diversas culturas.

 

Obxectivos específicos

OE1: Promover a comunicación, a comprensión mutua, o diálogo e o encontro entre persoas coa consecuente superación de prexuíxos e impulso de cambios nas actitudes.

OE2: Ofertar unha cobertura social ás necesidades específicas de mediación intercultural no ámbito da inmigración dende a intervención social especializada completando as accións que dende a administración e a iniciativa social se desenvolven nesta materia. Promoveremos a formación en dereitos.

OE3: Promover cambios na sociedade, a adecuación instituional e o crecemento da persoa como base necesaria para lograr a participación social en igualdade de condicións e unha verdadeira convivencia creando un feedback entre sociedade acolledora e as persoas migrantes.

OE4: Sensibilizar e achegar as diferentes culturas, tanto a autóctona como as diversas nacionalidades para que se chege a un mellor entendemento cultural.

OE5: Levar a cabo actividades específicas de promoción da equidade de xénero para poder achegarnos a unha igualdade máis real.

OE6: Potenciaremos o traballo en rede cos Servicios Sociais Comunitarios para mellorar a convivencia de todas as persoas e traballar baixo unha perspectiva máis didáctiva.

 

Que oferta o SAMI:

  • Apoio, acompñamento social e mediación intercultural en diversos ámbitos (saúde, educación, servizos sociais, prestacións, procura de vivenda etc.).
  • Coñecemento en profundidade das diferentes culturas. 
  • Tradución e interpretación.
  • Amplio conocimiento de los recursos de la sociedad de acogida.
  • Mediación entre persoas e ou grupos culturalmente diferenciados.
  • Servizo de formación e sensibilización social a través de obradoiros e formacións. 

 

 

A quen vai dirixido:

  • Persoas inmigrantes.
  • Minorías etnicas.
  • Instituciones ou profesionais de entidades públicas/privadas do ámbito social, laboral, económico, xurídico-administrativo, sanitario, educativo etc. 

 

Contacto:

 

Este servizo está subvencionado pola Consellería de Política Scial da Xunta de Galicia en cofinanciamento co Fondo Social Europeo no período 2020-2022 (PO FSE Galicia 2014-2020).