20 Set OBRADOIRO: Refuxio e asilo, miradas e autopercepcións
Técnica e linguaxe audiovisual no ámbito social
A través de obradoiros prácticos, impartidos por persoas de diferentes lugares e procedencias, adquiriremos coñecementos en ferramentas de videocreación que nos permitan, de forma conxunta ou individual a produción de varias pezas sobre as miradas e percepcións sociais sobre o asilo e refuxio.
Formación audiovisual gratuíta que constará de cinco sesións de formación teórico – practica de 3 horas cada unha, os martes de outubro en horario de 17:00 a 20:00 na biblioteca do CSC Ágora (A Coruña).
Se estás interesad@ en participar, tes algunha dúbida ou desexa ampliar a información sobre estes obradoiros, non dubides en contactar connosco:
Enderezo electrónico: sosracismogalicia@gmail.com
Móbil da entidade: 698 163 742
Podes inscribirte ata o luns 23 de setembro, Prazas limitadas. Non é precisa experiencia.
Organiza: Federación SOS Racismo
Financia: