18D Día Mundial das Migracións

18D Día Mundial das Migracións

Dende SOS Racismo Galicia, sumamonos a convocatorio do FGI (Foro Galego de Inmigración) para o próximo día 18 de Decembro, con motivo do Dia Mundial das Migracións.

Abrir as fronteiras é o berro dos homes, mulleres, mozas, nenos e nenas abandoados na fronteira entre Grecia e Macedonia, actualmente en folga de fame. A súa protesta é o símbolo do que piden outros miles de persoas en transito detidas, en todo o mundo, en diferentes fronteiras. Tamén na Fronteira Sur do Estado Español.

Abrir as fronteiras tamén é o berro que nace a raíz do xenocidio que representan as miles de persoas que non chegaron ao seu destino. Abrir as fronteiras e acoller a quen fuxe da guerra e da miseria, na procura dun melllor futuro. É tamén unha resposta ao terror e ao medo que sementan as bombas.
Abrir as fronteiras é unha resposta que pode permitir construír unha verdadeira solidariedade entre as persoas que naceron nun determinado territorio e as que chegaron despois a vivir nel. Unha solidariedade baseada na construcción de sociedades nas que existan iguais dereitos para todas.
Abrir as fronteiras é garantir os Dereitos Humanos a un e outro lado das mesmas, así como superar os enormes baleiros e deficencias na acollida e integración social das persoas migrantes no Estado Español.
É tamén evitar os discursos que incitan á hostilidade, o medo e o odio que construen os muros invisibles que representan o racismo, a xenofobia e a islamofobia.
Por todo isto, denunciamos ás restriccións cada vez máis fondas á libre circulación de persoas, o aumento da vixiancia das fronteiras, a construcción de valos e de centros de detención de persoas migrantes.
Dicimos non a FRONTEX e os seus labores de vixiancia e represión nas nosas fronteiras, pedindo a súa transformación nunha ampla operación europea de rescate e salvamento no Mediterráneo que resolva a cuestión humanitaria, rexeitando toda acción militar.
Denunciamos a externalización da xestión das nosas fronteiras a países como Marrocos e Turquía, e esiximos a suspensión dos acordos e do apoio financiero bilateral da UE aos países que non respectan os dereitos humanos.
Esiximos a posta en marcha de políticas que centren os seus esforzos nas causas das migracións forzadas na súa orixe e non na contención e control policial e militar dos fluxos migratorios.
Esiximos rutas seguras, con medidas concretas e urxentes de acceso legal e seguro ao Estado Español, como a busca, o rescate e o tratamento das solicitudes de asilo en terceiros países, mediante a posibilidade de solicitar asilo nas embaixadas ou consulados, e a concesión de visados humanitarios de reagrupamento familiar, de estudos, de traballo e de reasentamento.
Pedimos o desenvolvemento dun Plan estatal de acollida e integración das persoas migrantes para os vindeiros anos , con competencias e finanzamento que convirta ao Estado Español nun verdadeiro espazo de acollida, hospitalidade e integración.
Apostamos por un proceso de regularización sin trabas administrativas das persoas en situación de irregularidade, así como que as autorizacións de residencia deixen de estar condicionadas pola necesidade de ter un contrato de traballo.
Esiximos a desaparición do confinamento forzoso de persoas migrantes en Ceuta e Melilla e o peche dos Centros de Internamento de Estranxeiros, CIEs, onde se priva de liberdade polo feito de ser persoa migrante, así como a derogación da reforma da Lei de Seguridade Cidadá que pretende legalizar as devolucións en quente, que permite a expulsión das persoas que chegan a través de Ceuta
e Melilla sin un procedemento con todas as garantías legais.
Denunciamos con forza as políticas económicas e comerciais baseadas na explotación que condean a millóns de persoas á pobreza e a miseria.
DICIMOS NON A GUERRA E A INTERVENCIÓN MILITAR. Esiximos a fin do comercio armamentístico e a reforma das políticas de exterior e de vecindade da UE para contribuír ao desenvolvemento político e económico sostible nos países de orixe.

TODAS SOMOS MIGRANTES E REFUXIADAS
TODAS TENEMOS DEREITOS
ABRIR AS FRONTEIRAS! MIGRAR PARA VIVIR, NON PARA MORRER!