ACTIVIDADE: Obradoiro de expresión corporal “Corpo agochado, corpo social”

ACTIVIDADE: Obradoiro de expresión corporal “Corpo agochado, corpo social”

Dentro do marco do proxecto “Muller e Islam: Muller musulmá pola participación social” que levan a cabo SOS Racismo Galicia e SOS Arrazakería dentro da Federación de SOS Racismo do estado español, enmarcanse unha serie de actividades e formacións que teñen como principal obxectivo fomentar a participación social de mulleres musulmás na comunidade e o achegamento entre mulleres e sociedade desde a perspectiva da diversidade cultural.

CARTAZ OBRADOIRO CORUÑA EXPRESION CORPORAL-001Este próximo sábado 14 de abril de 17:00 a 20:30 no Centro Cívico Novoboandanza teremos a oportunidade de recoñecer o noso corpo dunha maneira lúdica, aprender a escoitalo, coidalo e tratalo ben. A través do obradoiro “Corpo agochado, corpo social” impartido pola artista e docente Anxela Blanco, e coordinado pola responsable do proxecto en Galicia, Mina Shayan, poderemos adquirir ferramentas de expresión ao tempo en que nos movemos e tecemos comunidade cos outros corpos.

Recoñecer o noso corpo propio para empoderarnos na relación co corpo social: respiración, puntos de apoio, as mans, a mirada e a nosa postura a través de xogos dramáticos e de movemento.