VIII Congreso Migracións Internacionais en España

VIII Congreso Migracións Internacionais en España

Dende 1997 véñense celebrando en España un Congreso que reúne aos/ás investigadores/ás de moi diferentes disciplinas académicas que traballan no estudo das migracións internacionais. Son xa sete as ocasións en que a cita congresual se celebrou: Madrid: 1997, Madrid: 2000, Granada 2002, Girona 2004, Valencia 2007, A Coruña 2009 e Bilbao 2012.

A próxima cita será de novo en Granada e desenvolverase entre os días 16-18 de setembro de 2015. Será organizado polo Instituto de Migracións da Universidade de Granada e celebrarase na Facultade de Filosofía e Letras da mesma Universidade.

Esta nova cita supoñerá a consolidación da construción dun grupo de estudo de fenómeno migratorio que se fai dende o intento da superación das disciplinas na compresión dos fenómenos socioculturais.

Máis información en http://migraciones.ugr.es/congresomigraciones2015/index.php/programa