PROXECCIÓN E CHARLA-COLOQUIO: Documental “Kër”

PROXECCIÓN E CHARLA-COLOQUIO: Documental “Kër”

O próximo Luns 20 de Marzo as 19:30 no Centro Ágora (A Coruña), con motivo do día 21Marzo, Día contra a Discriminación Racial, desde SOS Racismo Galicia queremos compartir convosco o documental realizado por Diana Rodriguez Mata, “Kër”.

cartel 3Este documental narra a historia de tres persoas de orixe senegalés, que deixaron o seu país, cunha maleta chea de soños e esperanzas, en busca dun mellor porvir.

O obxectivo deste reportaxe é dar voz á minoría inmigrante e, en particular, aos vededores/as ambulantes presentes nas rúas da Coruña.

As palabras en primeira persoa dos seus tres protagonistas, Moo, Abdou Sam, axúdannos a entender e ampliar a nosa perspectiva sobre as historias persoais que se atopan tras a venda ambulante e o top manta.