Informe Expulsións en quente: cando o Estado actúa á marxe da lei

Informe Expulsións en quente: cando o Estado actúa á marxe da lei

O venres 27 de xuño presentouse o informe xurídico “Expulsións en quente: cando o Estado actúa á marxe da lei”. Elaborado por un equipo de 16 catedráticos e profesores do ámbito do Dereito de diversas universidades de España, o estudo ten por obxectivo “poñer de manifesto que as ‘expulsións en quente’ vulneran a lexislación de estranxeiría”, e que calquera intento de modificar a lexislación vixente co fin de dar cobertura legal a este tipo de prácticas resultaría contraria á normativa comunitaria e ao dereito internacional dos dereitos humanos.

Os expertos, os cales forman parte do proxecto I+D+i IUSMIGRANTE, detallan as implicacións penais que poden ter as “expulsións en quente” sobre os que as ordenan, executan ou consenten, e sinalan que “o trato aos estranxeiros foi, en todas as culturas, o validador natural da súa estatura moral e do seu talle xurídico”.