EXPOSICIÓN: Sexta estación de la exposición «Un migrante na rúa»

EXPOSICIÓN: Sexta estación de la exposición «Un migrante na rúa»

SOS Racismo Galicia acolle na súa sede social da Coruña, desde o 15 de febreiro ata o 15 de marzo, a exposición fotográfica colectiva e itinerante Un migrante na rúa. Baixo este lema, 25 persoas achégannos, a través das súas imaxes, a súa visión e a súa homenaxe ás migracións, á interculturalidade e á diversidade. Camiños invisibles, Adiante!, Espertando soños ou Mulleres do Mundo son algunhas das obras que se poden ver nesta mostra, ela mesma migrante, que recala en SOS Racismo na súa sexta parada na cidade.

16807787_10208725157192411_2123758080527944807_nDesde SOS Racismo compartimos a convicción de que a arte, linguaxe universal, co seu poder de atracción e a súa capacidade para expresar, transmitir e provocar emocións, pode ser unha poderosa ferramenta para a transformación social, tamén no ámbito das migracións. É un vehículo privilexiado para transmitir experiencias, xerar empatía, propiciar o encontro e o recoñecemento, favorecer a visibilización de diversas realidades ou promover o empoderamento e a mobilización individual e colectiva.

Esta exposición nace da colaboración entre Migrantes, un proxecto que reúne persoas de diversos ámbito cun interese común na interculturalidade e nas artes como ferramenta para a inclusión, e Square, un espazo –en palabras dos seus propios promotores- xerador e de acollida de iniciativas sociais, artísticas, educativas e formativas. Polo camiño, foron sumándose esforzos, creatividade e ilusións das persoas autoras das imaxes, de numerosas organizacións da cidade que amadriñan, cada unha, unha fotografía, das entidades que acollen a exposición como resultado final deste grande e fermoso proxecto colectivo e de todo o público que se achega a16712017_10208725159432467_3624138646954768502_n desfrutar, reflexionar, indignarse ou emocionarse con cada unha destas pequenas-grandes obras de arte.

En SOS Racismo Galicia sentímonos orgullosas de participar neste proxecto; achégate á visitalo e forma ti tamén parte del!

Fotografos/as

16603052_1073821396080295_7923473060124459058_n