CONCURSO CAMPAÑA PUBLICITARIA 2015: CONTRA O RACISMO E A XENOFOBIA, POLA PROMOCIÓN DÁ DIVERSIDADE E A IGUALDADE DE DEREITOS!

CONCURSO CAMPAÑA PUBLICITARIA 2015: CONTRA O RACISMO E A XENOFOBIA, POLA PROMOCIÓN DÁ DIVERSIDADE E A IGUALDADE DE DEREITOS!

Dende SOS Racismo Galicia lanzamos este concurso-campaña publicitaria para facer chegar á sociedade a discusión e o debate sobre o racismo e a xenofobia no estado español, facéndoa partícipe a través da elaboración e elección da nosa próxima campaña.

A temática das obras deberá estar vinculada ós seguintes temas: interculturalidade, convivencia, inmigración, igualdade de dereitos e loita contra o racismo e a xenofobia.

Poderá presentarse a este concurso calqueira persoa, sen limitación de nacionalidade, sexo, orixe, lugar de residencia ou situación legal. As persoas menores de idade deberán remitir escaneada a autorización paterna ou de titor legal.

Este concurso divídese en dúas categorías:

1) Cartelería/ difusión en prensa escrita : composta de imaxe e mensaxe (slogan).

2) Audiovisual/campaña publicitaria en redes: vídeo en relación a algunha das temáticas mencionadas antes.

PRAZOS: a recepción das obras estará aberta dende o momento da publicación destas bases ata o 28 de febreiro de 2015 inclusive.
Do 1 ó 10 de marzo poderanse votar os traballos presentados a través de  www.sosracismogalicia.org
O 15 de marzo publicarase a decisión do Xurado a través da nosa web e de forma personalizada ás persoas gañadoras.

PREMIOS
Tres diplomas acreditativos de primeiro, segundo e terceiro puesto en cada unha das categorías. O primeiro premio de cada unha das categorías será a imaxe da campaña  publicitaria de SOS Racismo Galicia durante o 2015.

SELECCIÓN
Tódolos envíos subiranse á web de SOS Racismo Galicia e serán votadas polo público a través de internet.
Os 10 traballos máis votados na web durante dez días serán seleccionados para a súa valoración polo xurado. Posteriormente o xurado elexirá o primerio, segundo e terceiro posto entre os seleccionados en cada unha das súas categorías.

XURADO
O xurado estará formado por profesionais de la publicidad, prensa, televisión e membros de SOS Racismo Galicia.

REQUISITOS TÉCNICOS E PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS
Categoría Cartelería: tamaño opcional. Formato PDF.
Categoría Audiovisual: formato MOV/MP4. Duración non superior a 3 minutos.

Os traballos poden ser presentados en calqueira das dúas linguas oficiais de Galicia: galego e/ou castelán.
Xunto ao proxecto presentado deberase anexar o correspondente formulario de inscripción (descargable aquí: FORMULARIO INSCRIPCION 2015).

As modalidades de envío dos traballos presentados serán:  1) Formato dixital (DVD) á nosa dirección postal: SOS Racismo Galicia. Concurso. R/Alcalde Lens 34, 1ºC, 15010, A Coruña.  2) Envío a sosracismogalicia@gmail.com co link de descarga e o formulario de inscrición.

OUTRAS OBSERVACIÓNS
As decisións do xurado serán inapelables.
As persoas participantes neste concurso aceptan, co envío dos seus traballos, que SOS RACISMO GALICIA conserve no centro de documentación una copia da obra presentada para a súa utilización en actividades educativas e de difusión apoiadas na asociación. A participación neste Concurso significa a aceptación das bases na súa totalidade.

Criterios de valoración:
Valorarase a orixinalidade, a variedade, a mirada positiva da interculturalidade, a integración e a non discriminación, a denuncia do racismo; o uso da linguaxe audiovisual e o esforzo técnico e creativo.

Estas bases difúndense na nosa páxina web, por comunicado de prensa e ao resto de organizacións afíns.

DERECHOS E REDIFUSIÓN
Os traballos presentados non poderán ter comprometidos os dereitos de edición nin difusión, nin terán sido presentados a ningún certame que puidera comprometer ditos dereitos.
SOS Racismo Galicia reservase o dereito a empregar os traballos en actividades educativas e de sensibilización na interculturalidade e contra o racismo. Esta difusión non devengará dereitos de autor nin a favor do autor intelectual, nin a favor de SOS Racismo Galicia.
A persoa autora resérvase o dereito de difusión por calqueira medio que non comprometa o dereito de SOS Racismo Galicia a difundir o traballo.

RECLAMACIÓNS E INFORMACIÓN
A mera presentación á convocatoria representa a aceptación e coñecemento das presentes bases por parte da persoa ou persoas participantes.
Para máis consultas, pódese escribir ao correo electrónico: sosracismogalicia@gmail.com.

Calqueira modificación destas bases será propiamente publicada na páxina web https://www.sosracismogalicia.org.