Comunidado: SOS Racismo Madrid e atacada por grupos de extrema dereita

Comunidado: SOS Racismo Madrid e atacada por grupos de extrema dereita

Comunidado de SOS Racismo Madrid

A SEDE DE SOS RACISMO MADRID É ATACADA POR GRUPOS DE EXTREMA DEREITA

A sede de SOS Racismo Madrid, situada nun edificio de vivendas no barrio de Lavapiés, foi atacada por grupos de extrema dereita a pasada madrugada do 20 de Febreiro. O grupúsculo de extrema dereita colgou un cartel con ameazas  xunto cuns bonecos aforcados na sede e tentaron meter bengalas no local. Os veciños do edificio espertado polo cheiro para queimado avisaron á Policía. Pese ao perigo da acción violenta afortunadamente non houbo persoas feridas.
SOS Racismo Madrid condena este ataque contra a nosa sede. Isto supón unha gravísima ameaza contra os nosos  activistas e contra a nosa actividade de loita  a favor dos dereitos humanos que non imos permitir. Ademais é un feito de exaltación do fascismo e do odio ao diferente que non estamos dispostos a tolerar.
Levaremos a cabo as accións legais pertinentes e denunciaremos estes actos antes as autoridades xudiciais.
Por suposto, seguiremos con máis forza aínda coa actividade en prol dos dereitos humanos e contra o racismo e a  discriminación que desde hai máis de 20 anos SOS Racismo Madrid leva realizando.