COMUNICADO STOP MORTES NO MEDITERRANEO

COMUNICADO STOP MORTES NO MEDITERRANEO

11210473_676844055778033_1179895181798076675_nO pasado 19 de abril un barco pesqueiro con preto de 1.000 persoas que tentaban alcanzar as costas europeas naufragou no Mediterráneo. Este naufraxio deixaba tras de si un regueiro infinito de inxustas mortes, todas elas de persoas que viaxaban fuxindo de guerras, violencia ou a pobreza. Un episodio terrible e cruel que se suma a outros iguais ano tras ano, convertindo o Mediterráneo nunha auténtica fosa común.

Ante todo isto, asistimos con indignación e carraxe a un espéctaculo de hipocresía por parte da UE e os diferentes Estados da mesma, cunhas políticas migratorias nas que os dereitos humanos se pisotean cada día e cunhas políticas exteriores que contribúen a explotar e empobrecer os países de orixe destas persoas. Unha crise humanitaria na que prima a vixiancia, o control e a represión nas fronteiras da UE a través de Frontex1, por riba do rescate e a acollida, definindo como “inmigrantes ilegais” a milleiros de persoas que son vítimas de conflitos e violencia nos seus países. Por se fora pouco, o propio Ministro de Interior do Estado español, Fernández Díaz, segue a falar de “efecto chamada” e mantén a súa posición contraria a realizar operacións de rescate por parte da UE, nunha claro exemplo de racismo institucional e falta de humanidade.

Dende SOS Racismo Galicia queremos visibilizar que se trata dun xenocidio migratorio e denunciar con forza estas políticas de morte. Por iso, o sábado 9 de maio de 2015 a partir das 12:30 horas participamos nun acto da campaña STOP MORTES NO MEDITERRÁNEO que terá lugar no paseo marítimo da Coruña, organizado polas seguintes entidades:

  • Africa Universal.

  • Amnistía Internacional.

  • Asociación Veciñal Agra do Orzán

  • Comunidade Cristiana Vangarda Obreira

  • Domu Africa

  • Foro Galego de Inmigración

  • Fronte Cívica

  • La Paz

  • Médicos del Mundo

  • Mundo sen guerras e sen violencia

  • Ong Viraventos

  • SOS Racismo Galicia.

Convidamos a toda a cidadanía da Coruña a participar nesta performance alusiva aos milleiros de persoas que, fuxindo de conflitos, da persecución e da pobreza, perden a súa vida no Mediterráneo. As organizacións convocantes aconsellan as persoas que desexen participar na performance, que vaian completamente vestidos con roupa negra e que se dirixan o sábado ás 12:30 horas a calquera dos dous puntos de encontro fixados: a fonte dos surfistas ou o paseo marítimo a beira do Playa Club de Riazor. Dende ámbolos dous puntos marcharán en fila polo paseo marítimo ata adentrarse na praia, na que terá lugar a performance.

¿Ata cando? ¿Cantas persoas máis deben morrer para que os gobernos europeos entendan que deben antepor a protección das persoas?

Moitas gracias pola vosa atención.

A mobilidade non é un delito, é un dereito!

Ningún ser humano é ilegal!

Para máis información, podedes contactar no seguinte teléfono:

698 163 742

1Frontex é a Axencia Europea para a Xestións das Fronteiras Exteriores dos Estados membros da Unión Europea (UE). Para máis información: http://antigonia.com/frontex-lobismo-y-privatizacion-del-control-fronterizo/