COMUNICADO: Migregroup reclama o respecto dos dereitos das persoas que tratan de acceder a Ceuta e Melilla

COMUNICADO: Migregroup reclama o respecto dos dereitos das persoas que tratan de acceder a Ceuta e Melilla

Migreurop reclama o respecto dos dereitos das persoas que tratan de acceder a Ceuta e Melilla

O mesmo día en que o Grupo Popular introducía no Senado unha emenda ao Proxecto de Lei Orgánica de Seguridade Cidadá, incluíndo a referencia de que nos rexeitamentos en fronteira das persoas que traten de entrar irregularmente en Ceuta e Melilla se respectará a normativa de dereitos humanos e protección internacional, o Ministro do Interior declaraba que quedará moi claro» que os que salten os valos non terán dereito a pedir asilo porque poderán facelo nas futuras oficinas a instalar nos pasos fronteirizos».

Dende Migreurop recordamos que en cumprimento da normativa española, europea e internacional as autoridades españolas deben garantir o acceso ao dereito de asilo a toda aquela persoa que chegue a territorio español xa sexa saltando o valo ou por posto habilitado. En ningún caso estas persoas poden ser devoltas de forma inmediata a Marrocos, país que non garante os seus dereitos nin lles asegura unha axeitada protección. Na madrugada de onte, as autoridades marroquís desaloxaron de forma violenta os campamentos de persoas emigrantes e refuxiadas dos montes próximos á fronteira con Melilla. Isto reflicte unha vez máis a preocupante situación na que se encontran as persoas de orixe subsahariana en Marrocos.

Tras o exposto anteriormente consideramos que:

O Partido Popular está decidido a seguir vulnerando o dereito de asilo consagrado na Constitución e en tratados internacionais ratificados por España.
A apertura das novas oficinas non pode servir de escusa para lexitimar as devolucións ilegais das persoas que entran polo valo de Ceuta e Melilla. Estas devolucións son contrarias á normativa vixente e débese poñer fin inmediato a estas.
A cooperación de España e a Unión Europea co goberno marroquí para blindar a fronteira Sur está a provocar graves vulneracións dos dereitos das persoas que tratan de acceder á Unión Europea

Por todo iso, as entidades de Migreurop denunciamos a violencia e a represión que se está a exercer cara ás persoas emigrantes e refuxiadas en Marrocos, e esiximos que se respecten os dereitos humanos das persoas emigrantes e potenciais refuxiadas que chegan a Ceuta e Melilla a través da fronteira sur.

11 de febreiro de 2015

Andalucía Acoge / Asociación Prol Dereitos Humanos de Andalucía / Comisión Española de Axuda ao Refuxiado / ELIN / Federación estatal de asociacións de SOS Racismo

Contactos Prensa:

Mikel Mazkiaran SOS Racismo: 657 793 705