
21 Feb Comunicado da Federación Estatal de SOS Racismo con motivo do afundimento dun barco na costa de Lampedusa
200 persoas mortas e ao redor de 150 desaparecidas. Nestes momentos é a estimación que se baralla sobre a catástrofe de Lampedusa. Estimación que irá subindo segundo pasen as horas. Centos de persoas mortas. Centos de persoas ás que se lles negou o auxilio en alta mar.
Preguntámonos cantas persoas han de morrer para que a Unión Europea asuma os seus responsabilidadesen esta sangría e abra os ollos a unha realidade que non ten visos de cambiar nun futuro próximo. Hai persoas que arriscan as súas vidas en busca dun futuro mellor e queren chegar a Europa. Negar esta realidade poñendo portas ao Mediterráneo para convertelo nun cemiterio non fai senón aumentar a traxedia que implica esta inmigración desesperada.
A Federación Estatal de SOS Racismo pide aos gobernos da Unión Europea unha reflexión urxente sobre o custo humano que está a xerar a actual política migratoria e que se abra unha investigación para esclarecer os feitos que provocaron o afundimento deste barco nas costas de Lampedusa.
Ao fío desta última cuestión desexamos denunciar a hipocrisía coa que se intenta xustificar a falta de auxilio prestado coa escusa de que en Italia a axuda á inmigración irregular está castigada penalmente. Os máis elementais principios do dereito marítimo obrigan a prestar axuda a calquera embarcación á deriva e calquera excepción a esta regra supón situar o debate da inmigración irregular nun grao de deshumanización que debería facernos reflexionar a todas e todos.
Donostia San Sebastian 4 de outubro de 2013.