COMUNICADO ANTE AS DECLARACIÓNS DO ALCALDE DE LALÍN

SOS Racismo Galicia esixe ao alcalde de Lalín, José Crespo, a retirada pública das declaracións realizadas o pasado 3 de decembro, nas que relaciona a inmigración coa delincuencia.

Nas últimas semanas SOS Racismo Galicia recibiu diferentes denuncias por mor das declaracións de José Crespo a diferentes medios de comunicación onde solicitaba “endurecer as penas para que as persoas extranxeiras que delincan se podan expulsar automáticamente fora do país“.

Dende SOS Racismo Galicia entendemos que a esixencia do endurecemento de penas por comisión dun delito debe estar relacionada co feito punible en sí, indiferentemente do sexo, procedencia, situación administrativa, etc., da persoa que o cometa.

Dende SOS Racismo Galicia consideramos que utilizar as persoas inmigrantes como chibo expiatorio ao que sinalar como responsable da inseguridade cidadá, non fai senón alimentar de xeito cada vez menos disimulado un discurso do odio cara as persoas extranxeiras.

No actual contexto de crise económica, incitar ó temor da poboación cara a inmigración pode ter réditos electorais, pero tamén consecuencias sociais incalculables. Utilizar os prexuizos, a inseguridade e o medo perxudica a convivencia social que hoxe en día comeza a ser un ben moi preciado.

E por isto, que dende SOS Racismo Galicia esiximos á Alcaldía de Lalín que faga un exercicio de responsabilidade e que non faga demagoxia nin populismo coa inmigración. Avogamos por unha sociedade integradora onde, por enriba do lugar de procedencia, a relixión ou a cultura, se nos recoñeza como veciñas e veciños iguais en dereitos.

A Coruña, 22 de decembro de 2014

SOS Racismo Galicia