Que se sente ao ser o problema?

Que se sente ao ser o problema?

Que se sente ao ser o problema?

 

Non é unha pregunta que normalmente estea na cabeza de moitxs persoa.

 Pero para outrxs é unha cuestión que,

inconscientemente, aparece

en momentos de tensión e axitación social.

 

Pretenden facerche culpábel de todos os males que

existen nesta sociedade

deshumanizada.

 

Nunca es a protagonista, pero, de súpeto, es demasiado visíbel;

sen tentalo, os focos apuntan e comeza a argucia na que sempre serás visíbel:

lexítima a mirada que cuestiona a túa diferenza e expúlsache das entrañas da existencia.

 

Resistencias negrxs sometidxs á razón do home branco; corpos negrxs en pateras que invaden; encerradxs e maltratadxs nos CIEs, como salvaxes;

criminalizadxs por tentar salvar a vida, naufragando por un papel mollado que se perde no océano; privilexios,

menores “sen nome”, apancados e abandonados nas rúas;

mulleres sobreexplotadas en catro paredes e violadas por un amorodo do sur.

Non levantes a voz, o amo pode anoxarse! E sabemos que pasa cando iso acontece!

 

Non son.

Non existo.

Non pertenzo. E, ao non pertencer, non importo

Seres sen voz para protestaren na audiencia do xuíz Occidente…

Ás veces estes feitos sonche afastados fisicamente; cres que nada os vencella a ti, pero

mentalmente,

sabes que esa violencia está a someter o teu propio ser,

o teu valor como PERSOA.

 

Duras son as imaxes que expoñen a xustiza branca sobre os corpos negros,

 arrastrados polas escaleiras dunha estación de tren calquera, coma se dunha bolsa de lixo se tratase.

 

Branco é a cor da normalidade e a honestidade, mentres

que negro é a cor da culpabilidade e a submisión.

Que sentir cando a túa verdade non é tan boa como a súa verdade?

 Que sentir cando soamente podes resaltar a túa maldade?

Que sentir cando a túa propia pel, negra, te volve estranxeiro alá onde vaias, e estranxeiro é sinónimo de falso, rexeitábel, preservado para salvagardar a vida occidental-branca?

Que se sente cando só es válida para fabricar fillos sans que Europa tomará como trofeo?

Que se sente cando ninguén camiña ao teu lado na sociedade?,

Que se sente cando provocas miradas de incredulidade ao tentar validar a túa voz, a túa representación?

Que se sente cando só podes ocupar o 2º ou 3º lugar?

 Que se sente cando te miras no espello e non consegues ver a túa bondade?

Es o problema e, sábelo.

 

Deléistaste na túa sabedoría e anhelas a túa forza,

a túa verdade e o que iso infunde na mentalidade dos que son verdadeiros;

non calas para aliviar a culpa dos que tentan maquillar “a historia”;

 cantas máis alto para que as túas irmás se unan a un tempo, e ese berro chegue a estremecer os cimentos do Sistema…

E é aí cando te converten no problema.

 

Sonia Mendes da Silva

Galego-caboverdiana nada en Burela (Lugo) hai 30 anos. Socióloga e especializada en Migracións Internacionais e Mediación Intercultural a través de Máster na UDC (A Coruña). Membro de Afrogalegas e interesada desde moi nova en todas aquelas cuestións vinculadas a temáticas raciais e migratorias. O seu traballo de fin de Grao e Máster céntrase na comunidade caboverdiana afincada en Burela e os seus procesos de mobilidade social en todos estes anos de residencia na comarca galega.

 

Edición e tradución: Sabrina Soledad Bequir Suárez



Denuncia
close slider









captcha






HomeMullerColectivo


RegularIrregularNacionalNon consta


Menor de IdadeMaior de Idade






Relato dos feitos/Consulta
Cantos mais detallada sexa a relación de feitos, mellor. Non esquezas engadir, se procede, frases textuais, indumentaria, descripción do axente discriminador, etc..










captcha