SOS Racismo Galicia

Organizador

SOS Racismo Galicia
Ver máis
Categorías

Más información

Read More
QR Code

Data

Mar 21 2020

Hora

11:00 - 14:00

Cost

De balde

Racismo e Xenofobia en Galicia. Informe anual 2019 (CANCELADO)

CANCELADO

Por reponsabilidade e prevención fronte ao contaxio do coronavirus, vémonos na obriga de suspender o evento de presentación do informe anual contra o racismo e a xenofobia do 2019 que ía ter lugar o sábado 21 de marzo no C.S. A Comuna. Sentímolo!

Informaremos sobre a próxima convocatoria en canto fixemos nova data.

Hora: 11:00

 

Lugar: CS A Comuna | Rúa Doutor Ferrant, 8 (A Coruña)

 

Dende SOS Racismo Galicia facemos un chamado para que o dia 21 de Marzo, Dia Internacional pola Eliminación da Discriminación Racial, sexa unha data importante para todas as persos e entidades que compoñemos a sociedade.  

Semella que avanzamos cara un futuro máis democrático e   igualitario pero, sen ir máis lonxe da realidade, atopámonos con que os dereitos e liberdades das persoas racializadas e/ou migrantes seguen a ser vulnerados todos os días na súa relación co resto de cidadáns da sociedade, o acceso a institucións ou administracións públicas e privadas ou a súa mera existencia e tránsito polo medio social. 

Pese ás grandes movilizacións que se producen en diferentes puntos do territorio global, segue sendo ínfima a implicación e compromiso por desterrar todas aquelas atitudes e comportamentos racistas que limitan e sinalan certas diferenzas étnicas/raciais que se esforzan en agochar baixo lemas do tipo “eu non vexo cores” ou “todas somos iguais”…e é por isto que dende a nosa posición apostamos por incluir a loita contra a discriminación étnica/racial dentro do calendario de cada unha de nós para lembrar que esta tamén é a nosa loita,debemos commemorala e obter todas aquelas ferramentas que nos axuden a contribuir (dende as diferentes posicións que ocupamos) con cambios reais cara unha sociedade con máis xustiza racial. 

A través da presentación do Informe Anual sobre Racismo e Xenofobia en Galicia queremos denunciar publicamente aqueles casos de discriminación xenófoba ou racista coñecidos polas OIDs da Coruña, sendo os 135 casos de conductas discriminatorias acontecidas e recollidas durante o 2019,unha mínima parte do que acontece na realidade. Este achegamento permitirá avaliar as vulneracións cotiás que sofren moitas persoas que residen na comunidade e aquelas accións iniciadas dende a entidade para a reparación do dano sufrido. 

Fai que a loita antirracista sexa unha prioridade na túa vida para contruirmos unha sociedade máis xusta!!

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.

Denuncia
close slider









captcha






HomeMullerColectivo


RegularIrregularNacionalNon consta


Menor de IdadeMaior de Idade






Relato dos feitos/Consulta
Cantos mais detallada sexa a relación de feitos, mellor. Non esquezas engadir, se procede, frases textuais, indumentaria, descripción do axente discriminador, etc..










captcha