Xornadas Antirracistas | Compostela
Lugar: Facultad CC da Comunicación| Compostela
O percorrido da propia entidade nos anos que leva activa en Galicia e a constatación da necesidade da existencia de espazos comúns de formación e intercambio social, cultural e lingüístico fai que xorda un ideario simbólico no que se comezan a ordenar ideas de cara á celebración dunhas xornadas dende a perspectiva antirracista na comunidade galega.
Son moitas as situacións discriminatorias que existen en Galicia e que sofren as diferentes persoas que residen nesta terra. A organización destas xornadas permite construír historias comúns de loita e resistencia e facer visibles conflitos que só son perceptibles para as persoas racializadas. Non debemos permitir a existencia de situacións de discriminación, e é por iso que SOS Racismo Galicia, como entidade, e o resto de actores que conformamos a sociedade galega, estamos obrigados a combater os discursos, actitudes e prácticas que normalizan o racismo na vida cotiá e menosprezan outras vidas en función de unhas “xerarquías” creadas en base á cor da pel, a nacionalidade, a lingua, a cultura, ou a relixión entre outras.
A través destas Xornadas Antirracistas gustaríanos crear un espazo que sirva como plataforma para mudar os discursos sociais existentes e axude a construir e divulgar nosas voces no senso dos movementos antirracistas.
Nota: inscrición previa en denuncias@sosracismogalicia.org
Colabora:
Financia:
Programación horaria
Venres 22 de Novembro
- 10:00 a 10:30 - Aula 0. Facultade de CC da Comunicación
- Recepción e presentación
- 10:30 a 12:00 - Aula 0. Facultade de CC da Comunicación
- Importancia da identificación e (re)presentación dos corpos negros
- Sonia Mendés da Silva
- 12:00 a 12:30 - Aula 0. Facultade de CC da Comunicación
- Pausa - café
- 12:30 a 14:00 - Aula 0. Facultade de CC da Comunicación
- Desafiando Fronteiras: reflexionar sobre as migracións para comprender a realidade
- Mari Fidalgo (Raias Traveseiras)
- 16:00 a 17:30 - Aula 0. Facultade de CC da Comunicación
- Monólogo: "Cómo sería mi vida si fuera un negro de película"
- Moha Gerehou
- 17:30 a 19:00 - Aula 0. Facultade de CC da Comunicación
- A representación política do hiyab
- Mina Shayan
- 19:30 a 21:00 - Auditorio. Facultade de CC da Comunicación
- Teatro: No es país para negras
- Silvia Albert Sopale - Carolina Torres Topaga
Sábado 23 Novembro
- 10:30 a 12:00 - Auditorio. Facultade de CC da Comunicación
- A invisibilización do antixitanismo e a xitanofobia polos estados europeos
- Aurora Serrano
- 12:00 a 12:30 - Auditorio. Facultade de CC da Comunicación
- Pausa - café
- 12:30 a 14:00 - Auditorio. Facultade de CC da Comunicación
- Cosificación e Hipersexualización étnico-racial
- Jeane Costa
- 16:00 a 17:30 - Auditorio. Facultade de CC da Comunicación
- Mesa redonda: Identidades, activismos e resistencias
- Aranxa Viçens (Resistencias en terra allea), Sonia Mendes (SOS Racismo Galicia), Aurora Serrano, Mina Shayan, Dário William de Aragão, Mar Lugo (Afrogalegas)
- 17:30 a 19:30 - Auditorio. Facultade de CC da Comunicación
- Mesas de traballo: Tecendo redes
- 22:00 a 00:00 - Gentalha do Pichel
- Concerto. Black Garlic
- Reggae afrogalego
Sorry, the comment form is closed at this time.