NÓMADAS: Día Internacional das Migracións
“Desafiando Fronteiras: reflexionar sobre as migracións para comprender a realidade”.
A través deste taller reflexionaremos de forma dinámica sobre as causas e consecuencias das migracións e sobre a relación entre as políticas migratorias e o funcionamento do sistema capitalista globalizado.
Imparte: Mari Hidalgo. Psicóloga social e educadora popular, activista no ámbito das migracións, feminismos e dereitos sociais. Integrante do colectivo Raias Travesseiras e do Foro Galego de Inmigración.
Raias Travesseiras é un espazo aberto, flexible e horizontal de denuncia das políticas migratorias, capitalista e patriarcais e de construción colectiva de discursos e prácticas para conseguir vidas que merezan a alegría vivir.
“ LoopeDVega”. Poesía electrónica
LoopeDVega é un artefacto poético nado fai un par de anos froito das inquietudes de Artemisa Semedo, Luix Kaf e A Lupi. Artemisa e Luix son poetas, Lupi e Dj. As tres asaltaron terrazas da Coruña para facerse uns euros con poesías e bucles electrónicos. O obxectivo dos euros non foi alcanzado, pero sucederon momentos de auténtica beleza na rúa.
Actualmente LoopeDVega aspira a ser unha crew de poetas, looperos e artistas audiovisuais, que compartan formato e delirio desde a improvisación, para abrir novos terreos creativos.
Sorry, the comment form is closed at this time.