Discriminación e Delitos de Odio: Detección e Intervención
Dende as Oficinas de Información e Denuncia cremos que un dos traballos a desenvolver polas persoas profesionais do ámbito social, pasa por recoñecer e denunciar aquelas situacións de vulneración de dereitos nas que nos vemos envoltas no noso traballo cotiá . Para elo, realizamos esta actividade formativa dirixida a profesionais ou futuros/as profesionais do ámbito social, na que facilitaremos unhas pautas que nos axuden a detectar a vulneración de dereitos na aplicación da igualdade de trato, así como, as diferentes ferramentas que temos a noso alcance como profesionais para intervir e/ou denunciar.
Esta sesión formativa contará cunha duración máxima de 4 horas. Adicaremos tres horas á parte teórica, na que faremos unha aproximación a aquelas situacións e conceptos vinculados aos procesos discriminatorios mais comúns e os procesos de intervención, e unha hora a maiores, na que poderemos realizar casos prácticos reais, a partir dos cales se porán en práctica os coñecementos adquiridos na parte teórica.
Animámosvos a participar de xeito presencial para construir e artellar ferramentas de traballo en rede que nos permitan unha loita conxunta contra o racismo e a xenofobia en Galicia.
Docentes:
- Sonia Mendes da Silva: Socióloga e técnica da Oficina de Información e Denuncias
- Patricia Martínez Pino: Avogada da Oficina de Información e Denuncias da área Norte.
Inscrición: denuncias@sosracismogalicia.org
Nota: Esta formación está destinada a profesionais ou futurosas profesionais do ámbito social.
Sorry, the comment form is closed at this time.