SOS Racismo Galicia

SOS RACISMO GALICIA

SOS RACISMO GALICIA é unha organización sen ánimo de lucro, independente, laica, multicultural e plural, que loita contra calquera forma de discriminación por razón de cor de pel, orixe, cultura ou relixión.

 Os principais fins que perseguimos son:

 

  • Loitar contra calquera forma de discriminación por razón de cor de pel, de orixe, de cultura ou relixión para lograr unha sociedade xusta e libre de prexuízos e estereotipos.

 

  • Difundir valores, actitudes e prácticas para que a poboación recoñeza, acepte e normalice o carácter pluricultural e multirracial da sociedade galega, e valore positivamente a riqueza socioeconómica que achega a diversidade e a interculturalidad.

 

  • Favorecer a integración sociolaboral do colectivo inmigrante residente en Galicia.

O noso ámbito de acción é a comunidade galega, onde traballamos conxuntamente con outras entidades locais para achegar o noso traballo á maior cantidade posible de persoas e ampliar a área de incidencia da entidade.

 

Ademais coordinámonos coas entidades pertencentes á Federación de Asociacións de SOS Racismo do Estado Español para lograr que a nosa actividade teña repercusión a nivel estatal.

Denuncia
close slider









captcha






HomeMullerColectivo


RegularIrregularNacionalNon consta


Menor de IdadeMaior de Idade






Relato dos feitos/Consulta
Cantos mais detallada sexa a relación de feitos, mellor. Non esquezas engadir, se procede, frases textuais, indumentaria, descripción do axente discriminador, etc..










captcha