Asesoramento a aquelas persoas ou colectivos que fosen vítimas de discriminación racista e/ou xenófoba.
Denuncia de calquera tipo de feito discriminatorio que provoque agresión, vulneración dos dereitos fundamentais, aplicación desigual de dereitos e da igualdade de oportunidades.
Información ás persoas pertencentes a unha minoría étnica sobre os seus dereitos
Documentación dos diferentes casos de racismo e xenofobia que teñan lugar en Galicia.
Accións que favorezan que a poboación galega recoñeza, acepte e valore positivamente o carácter pluricultural da sociedade galega, e valore a diversidade cultural como riqueza económica e social.
Accións que favorezan que a sociedade galega recoñeza a inmigración como un proceso necesario e positivo.
Accións que favorezan o intercambio cultural rompendo a barreira do descoñecemento.
Accións formativas centradas fundamentalmente en diversidade cultural e prevención da discriminación racial.