OFERTA DE EMPREGO: Avogado/a

OFERTA DE EMPREGO: Avogado/a

SOS RACISMO GALICIA é unha asociación independente, laica, multicultural e plural cuxo principal obxectivo é a loita contra calquera forma de discriminación por razón de cor de pel, orixe, cultura ou relixión a través da denuncia social, incidencia política e sensibilización.

O noso ámbito de acción é a comunidade galega, onde traballamos conxuntamente con outras entidades locais para achegar o noso traballo á maior cantidade posible de persoas e ampliar a área de incidencia da entidade.

Ademais coordinámonos coas entidades pertencentes á Federación de Asociacións de SOS Racismo do Estado Español para lograr que a nosa actividade teña repercusión a nivel estatal.

 

Funcións:

  • Información e asesoramento legal en materia de estranxeiría.
  • Información e asesoramento legal en materia de discriminación e igualdade de trato.
  • Elaboración e interposición de escritos ou recursos.
  • Deseño e impartición de talleres en materia de estranxeiría e en materia de igualdade de trato e non discriminación.
  • Elaboración de informes xurídicos.
  • Representación en procedementos xudiciais en materia de discriminación e vulneración de dereitos.

 

Requisitos:

  • Licenciatura en Dereito.
  • Colexiación como exercente. (absterse avogados/as en non exercicio)
  • Formación específica e/ou experiencia en materia de igualdade de trato e dereito de estranxeiría.
  • Carné de conducir e vehículo propio (desprazamento para impartición de formacións ou asistencia xurídica en caso de xuízos dentro de Galiza).
  • Coñecementos e interese pola loita contra o racismo e pola defensa dos dereitos humanos.
  • Capacidade organizativa, resolutiva, xestión do tempo, traballo en equipo, autonomía, flexibilidade e adaptabilidade.

 

Valorarase:

  • Traxectoria persoal activista ou asociativa.
  • Habilidades de oratoria.
  • Dispoñibilidade para viaxar.
  • En igualdade de condicións, para corrixir o sesgo de diversidade cultural da entidade, valorarase a diversidade de orixe étnica ou cultural.
  • Dominio de Galego a nivel oral e escrito
  • Coñecemento doutros idiomas
  • Experiencia profesional en entidades do terceiro sector.

 

Condicións da praza:

  • Xornada: a tempo parcial
  • Temporalización: por obra e servizo
  • Salario: según Convenio colectivo estatal de Acción e Intervención Social
  • Lugar de traballo: A Coruña
  • Data prevista de incorporación: 15/05/2018

 

Información requirida:

  • Currículo vitae e carta de motivación a info@sosracismogalicia.org
  • Asunto: oferta de emprego Avogado/a
  • Data tope de recepción de candidaturas: 27/04/2018

 

Máis información:

881 96 37 97

info@sosracismogalicia.org



Denuncia
close slider









captcha






HomeMullerColectivo


RegularIrregularNacionalNon consta


Menor de IdadeMaior de Idade






Relato dos feitos/Consulta
Cantos mais detallada sexa a relación de feitos, mellor. Non esquezas engadir, se procede, frases textuais, indumentaria, descripción do axente discriminador, etc..










captcha