Nota de prensa de Sos Racismo Vizcaya, tras a denuncia ao alcalde de Sestao polas súas declaracións racistas

Nota de prensa de Sos Racismo Vizcaya, tras a denuncia ao alcalde de Sestao polas súas declaracións racistas

Nota de prensa de Sos Racismo Vizcaya, tras a denuncia ao alcalde de Sestao polas súas vergonzosas e impresentables declaracións racistas e or a súa negativa a empadroar inmigrantes.

«O alcalde de Sestao realizou unha rolda de prensa sen preguntas. Talvez porque hai preguntas incómodas, que aínda que non permitiu propoñelas, o facemos a través desta nota:

É verdade que estas persoas solicitaron ser empadroadas hai meses, mesmo máis dun ano? É verdade que non empadroou estas persoas? É verdade que representantes de Sos Racismo lle solicitaron reiteradamente unha reunión para abordar este incumprimento? É verdade que o pasado 9 de abril estas familias se presentaron no rexistro municipal e presentaron un escrito requirindo o Concello para que levase a cabo o empadroamento sen que houbese resposta? É verdade que foi el persoalmente quen non permitiu o empadroamento destas familias? É verdade que o 6 de setembro de 2013 o Ararteko emite unha Resolución pola que se lle recomenda que adecúe á legalidade algunhas prácticas en materia de empadroamento? É verdade que o 21 de novembro de 2013 o Ararteko emite unha Resolución pola que se lle recomenda que empadroe ao demandante e a súa familia no domicilio onde efectivamente residen? É verdade que o Ararteko, no informe anual ao Parlamento vasco, na páxina 36, ao falar daquelas institucións que ao negar ou atrasar a súa colaboración están provocado a imposibilidade de resolver en prazo as queixas formuladas pola cidadanía destaca ao alcalde de Sestao?
É verdade que estivo a utilizar o deber de empadroar de xeito arbitrario?

Na súa nota si recoñece outra circunstancia que consideramos grave: que convocou a reunións inmobiliarias para premer sobre as persoas ás que alugan pisos. Como se aprecia nas gravacións con actitudes ameazantes chegando a dicir dígovolo sinceramente, que o Concello vos pode facer moito dano» ou ante as queixas de que o que lles está a pedir é ilegal que «Eu a lei a incumpro todos os días, a todas as horas,».

Realizamos esta nota para centrar o problema e ofrecemos tamén as seguintes aclaracións:

As declaracións non están manipuladas. Están depositadas integramente no Xulgado. Se hoxe saen á luz é porque se presentaron xunto á denuncia de prevaricación por non empadroar a sabendas da cal era un acto ilegal. Se tivesen saído sen presentar a denuncia teríasenos botado todo o mundo enriba. E ademais, a nosa intención non é danar a ninguén senón que se cambien as prácticas ilegais do Concello de Setao.

As declaracións non son dunha quenta. As gravacións son de dúas reunións distintas, convocadas polo Concello. Son só 2 das probas. Chéganse a realizar estas gravacións porque este é o ton habitual do alcalde e chega un momento no que alguén se cansa e o grava para preservar os seus dereito, porque se non, podería ter sido denunciado por calumnia.

Pero as gravacións son mostra da actitude que mantivo o alcalde ao non empadroar, que é témalle principal. O alcalde mantivo unha actitude de utilizar o padrón de xeito ilegal.

As declaracións saen hoxe non por ningunha campaña oculta senón porque se achegan na denuncia e son os tempos que temos unha organización pequena e que basea o seu traballo nas forzas de persoas militantes, que ademais intentou nos últimos meses conseguir os obxectivos por outras vías, mesmo solicitando a intervención do INE.

A Sos Racismo teríanos gustado non chegar a este punto, entre outras cousas porque previamos que a defensa ía ser utilizar os prexuízos, a inseguridade e os medos. É absurdo suxerir que haxa unha campaña contra o alcalde de Sestao porque entre outras cousas, tristemente, sabemos que utilizar estes argumentos pódelle dar votos.

E é aquí onde queremos subliñar que é necesaria unha actitude clara por parte da clase política, dos medios de comunicación e da cidadanía que non acepte a utilización dos problemas sociais para xustificar a arbitrariedade, a xenofobia ou a discriminación. É neste punto onde consideramos inaceptable que se as desculpas son sinceras se minimicen as declaracións, se volvan tratar de xustificar falando de delincuencia e incivismo e se inspire o peor dos prexuízos falando de pisos pateira. Non é aceptable que mentres en Sestao e en cada municipio movementos sociais, institucións e moitas e moitos cidadáns están a traballar na loita contra os rumores e prexuízos se queira salvar a carreira política alentándoos.

Sos RacismoBizkaiko Sos Arrazakeria
22 de maio de 2014