SOS Racismo Galicia

Organizador

SOS Racismo Galicia

Ubicación

Santiago de Compostela
Categorías
QR Code

Data

Nov 22 2019 - Nov 23 2019

Hora

Todo o día

Cost

De balde

Xornadas Antirracistas | Compostela

Lugar: Facultad CC da Comunicación| Compostela

O percorrido da propia entidade nos anos que leva activa en Galicia e a constatación da necesidade da existencia de espazos comúns de formación e intercambio social, cultural e lingüístico fai que xorda un ideario simbólico no que se comezan a ordenar ideas de cara á celebración dunhas xornadas dende a perspectiva antirracista na comunidade galega.

Son moitas as situacións discriminatorias que existen en Galicia e que sofren as diferentes persoas que residen nesta terra. A organización destas xornadas permite construír historias comúns de loita e resistencia e facer visibles conflitos que só son perceptibles para as persoas racializadas. Non debemos permitir a existencia de situacións de discriminación, e é por iso que SOS Racismo Galicia, como entidade, e o resto de actores que conformamos a sociedade galega, estamos obrigados a combater os discursos, actitudes e prácticas que normalizan o racismo na vida cotiá e menosprezan outras vidas en función de unhas “xerarquías” creadas en base á cor da pel, a nacionalidade, a lingua, a cultura, ou a relixión entre outras.

A través destas Xornadas Antirracistas gustaríanos crear un espazo que sirva como plataforma para mudar os discursos sociais existentes e axude a construir e divulgar nosas voces no senso dos movementos antirracistas.

 

Nota: inscrición previa en denuncias@sosracismogalicia.org

 

Colabora: 

 

 

Financia: 

 

Axenda

Venres 22 de Novembro

10:00 a 10:30 - Aula 0. Facultade de CC da Comunicación
Recepción e presentación
10:30 a 12:00 - Aula 0. Facultade de CC da Comunicación
Importancia da identificación e (re)presentación dos corpos negros
Sonia Mendés da Silva
12:00 a 12:30 - Aula 0. Facultade de CC da Comunicación
Pausa - café
12:30 a 14:00 - Aula 0. Facultade de CC da Comunicación
Desafiando Fronteiras: reflexionar sobre as migracións para comprender a realidade
Mari Fidalgo (Raias Traveseiras)
16:00 a 17:30 - Aula 0. Facultade de CC da Comunicación
Monólogo: "Cómo sería mi vida si fuera un negro de película"
Moha Gerehou
17:30 a 19:00 - Aula 0. Facultade de CC da Comunicación
A representación política do hiyab
Mina Shayan
19:30 a 21:00 - Auditorio. Facultade de CC da Comunicación
Teatro: No es país para negras
Silvia Albert Sopale - Carolina Torres Topaga

Sábado 23 Novembro

10:30 a 12:00 - Auditorio. Facultade de CC da Comunicación
A invisibilización do antixitanismo e a xitanofobia polos estados europeos
Aurora Serrano
12:00 a 12:30 - Auditorio. Facultade de CC da Comunicación
Pausa - café
12:30 a 14:00 - Auditorio. Facultade de CC da Comunicación
Cosificación e Hipersexualización étnico-racial
Jeane Costa
16:00 a 17:30 - Auditorio. Facultade de CC da Comunicación
Mesa redonda: Identidades, activismos e resistencias
Aranxa Viçens (Resistencias en terra allea), Sonia Mendes (SOS Racismo Galicia), Aurora Serrano, Mina Shayan, Dário William de Aragão, Mar Lugo (Afrogalegas)
17:30 a 19:30 - Auditorio. Facultade de CC da Comunicación
Mesas de traballo: Tecendo redes
22:00 a 00:00 - Gentalha do Pichel
Concerto. Black Garlic
Reggae afrogalego
No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.

Denuncia
close slider









captcha






HomeMullerColectivo


RegularIrregularNacionalNon consta


Menor de IdadeMaior de Idade






Relato dos feitos/Consulta
Cantos mais detallada sexa a relación de feitos, mellor. Non esquezas engadir, se procede, frases textuais, indumentaria, descripción do axente discriminador, etc..










captcha