Foro Galego de Inmigración

Organizador

Foro Galego de Inmigración
Categorías
QR Code

Data

Dec 10 2019 - Dec 14 2019

Hora

20:00 - 20:00

Cost

De balde

VII Semana de Loita contra as Fronteiras

LEI DE EXTRANXEIRIA.  EXCLUSIÓN E VIOLENCIA 

De o 10 o 14 de decembro, o Foro Galego de inmigración, plataforma que compoñemos diversas entidades a nivel galego, organiza a VII Semana da Loita contra as Fronteiras.

Desta volta visiblizaremos as vulneracións de dereitos que esta normativa conleva, xerando barreiras, exclusións e violencias sobre as vidas das persoas migrantes. Atentando polo tanto contra súa dignidade e lexitimando a exclusión,a explotación e a violencia como mecanismos de controle.

Da mán de Julia Castillo Condori/ Warmi Kusisita ofereceremos unha ollada á Lei de Estranxeiría desde as loitas contra o patriarcado, o racismo e o colonialismo. A nosa convidada é muller aymara, integrante do Movimiento Migrante- Comunidad Feminista Antirracista e da Escuelita Antirracista y Antipatriarcal (Valencia).

O programa componse de actividades en Compostela, Vigo e Coruña dirixidas a abordar as exclusións e violencias exercidas sobre as mulleres e persoas migrantes e as loitas e resistencias antipatriarcais e antirracistas que se están articulando no Estado Español. Julia Castillo/ Warmi Kusisita tamén nos convida a repensar as prácticas feministas desde o vivir ben, a memoria e a comunidade, para construír un feminismo emancipatorio para as mulleres e os pobos.

A programación completa:

MARTES 10 COMPOSTELA. Concentración ás 20hs na Praza do Toural.

MÉRCORES 11 VIGO: Palestra “Racismo social e institucional: loita contra o patriarcado e o colonialismo” ás 20hs no CS Cova dos Ratos (R/ Romil, 3).

XOVES 12 COMPOSTELA:

16:30-18:30hs. Obradoiro “Autodefensa emocional antirracista para persoas racializadas e/ou migrantes. Local por confirmar.

20hs Palestra “Racismo social e institucional: loita contra o patriarcado e o colonialismo” na Casa do Matadoiro (Pza do Matadoiro, s/n).

VENRES 13 CORUÑA:

10:00-14:00hs Participación cun faladoiro nas Xornadas Asociacionismo e Mulleres organizada pola Fundación Juan Soñador/Programa Teranga. Información: terangacorunaigualdad@fundacionjuans.org

20hs Palestra “Racismo social e institucional: loitas contra o patriarcado e o colonialismo” na Casa Museu Casares Quiroga (R/ Panadeiras, 12)

SÁBADO 14 COMPOSTELA: Casa do Matadoiro (Pza do Matadoiro, s/n)

17:00-19:30hs Obradoiro “Sanación política a través da escrita, a comunidade e a memoria longa”. Para mulleres diversas e persoas non binárias.

20hs Chocolatada antifronteiras e antirracista. Espazo mixto/ diverso.
No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.

Denuncia
close slider









captcha






HomeMullerColectivo


RegularIrregularNacionalNon consta


Menor de IdadeMaior de Idade






Relato dos feitos/Consulta
Cantos mais detallada sexa a relación de feitos, mellor. Non esquezas engadir, se procede, frases textuais, indumentaria, descripción do axente discriminador, etc..










captcha