TEATRO: No es país para negras
Lugar: Facultade CC da Comunicación
Sinopse
A obra narra o periplo vital dunha muller negra en España, que é a propia Silvia Albert Sopale nada en San Sebastián en 1976, unha nena negra nunha familia de negrxs nun país de blancxs. Xunto a ela, o espectador percorrerá corenta anos e revivirá aquelas cancións populares e anuncios televisivos que marcaron o imaxinario dunha xeración.
Acompañaraa no espertar da adolescencia cos seus interrogantes e na formación da súa identidade. Tamén viaxará con ela a África, onde descubrirá que a pesar de ser a terra nai ese tampouco é o seu lugar.
Interpretando diversos personaxes e servíndose da linguaxe física, Silvia mostra con humor e ironía os diferentes puntos de vista sobre o racismo, a sexualidade da muller negra e a identidade. Sérvese dos seus recordos e os de toda unha comunidade, para contar parte da historia non contada ata o momento: a historia das mulleres negras españolas.
“Non é país para negras” é unha comedia dramática que conxela o sorriso.
Ficha artística
Actriz: Silvia Albert Sopale
Dirección: Carolina Torres Topaga
Movimento: Chechu García
NOTA: por limitacións de aforo, será preciso reserva previa en denuncias@sosracismogalicia.org
Financia:
Colabora:
Sorry, the comment form is closed at this time.