SOS Racismo Galicia

Organizador

SOS Racismo Galicia
Código QR

Fecha

Oct 05 2019

Hora

10:00 - 19:00

Diverxentes: Espazo de formación antirracista / OUT 2019

Nota: inscrición previa en denuncias@sosracismogalicia.org

 

DIVERXENTES é o nome que recibe este novo espazo de formación, debate e construción que pretende profundar en temáticas vinculadas á produción de saber e formas de pensamento diversas que alcanzan a todas aquelas persoas que son discriminadas polos seus trazos fenotípicos, procedencia, etnia, cultura ou relixión, ou calquera outra etiqueta que use para a exclusión social destas persoas dunha participación igualitaria na sociedade.

A elección de Diverxentes, procede do propio significado que se lle pode atribuír á palabra, partindo dun principio baseado na produción de razoamentos desde diferentes puntos de vista.

Cremos necesaria a existencia de espazos que permitan e promovan a visibilización e comprensión das realidades que afectan ás distintas persoas que conforman a sociedade na que vivimos, xa que, a maioría das veces devanditas realidades están construídas desde posicións afastadas e pouco teñen que ver coas situacións coas que convivimos no día a día; dando como resultado dinámicas e procedementos sen sentido que non fan máis que evidenciar a falta de contacto real no seo da sociedade.

Desde este espazo avógase pola xestión da diversidade social e cultural, apoiando a difusión e proliferación de diferentes manifestacións e debates necesarios na sociedade para construír mellores ferramentas e discursos cos que esixir, debater e compartir ideas e formas de resistencia conxunta.

Trátase daquela procura e participación xusta en cuestións que teñen que ser traídas a debate para impoñer diferentes realidades e comparalas a un mesmo nivel.

É por todo iso que comprendemos a necesidade de construír dous grupos de asistencia de diferente composición, nos que se desenvolverán temáticas que, pola súa natureza e proximidade coas realidades das persoas participantes, serán traballadas de forma paralela.

As realidades e experiencias vividas precisan achegamentos diferentes que se impartirán a través de coñecementos teóricos sobre o racismo e conceptos chave para desenmascarar os procesos discriminatorios con diferentes dinámicas que se poñerán en práctica en cada taller.

Programación horaria

Sábado 5 de outubro

10:00 a 12:00 h. - Centro Socio Cultural Ágora (A Coruña)
Racismo en España. Análisis de datos e xestión de políticas. Por: Sonia Mendes da Silva
Nesta sesión, realizaremos un achegamento ao racismo en España cunha análise centrada en datos, noticias e imaxes que apoien o tratamento que se fai das poboacións diferentes ou diversas no seo da sociedade. Isto servirá para comprobar as políticas de “integración” dos propios gobernos e o uso fraudulento de certas imaxes para xerar medo e desconfianza sobre certas poboacións estigmatizadas. Será un punto importante que permitirá indagar nos discursos que se desenvolven na sociedade e como afectan á participación en condicións de igualdade.
12:00 a 14:00. - Centro Socio Cultural Ágora (A Coruña)
Racismo e exclusión: unha análise comparativa da diáspora caboverdiana en Galiza e Portugal. Antropóloga da Universidade de Tras os Montes e Alto Douro (Portugal)
Neste caso a segunda sesión formativa, virá completarse coa participación da doutora en Antropoloxía Luzia Oca e o seu traballo desde o ámbito educativo en Portugal. Teremos a oportunidade de coñecer de primeira man o tratamento das poboacións negras, priorizando a experiencia da comunidade caboverdiana no país luso e en Galicia e a súa articulación entre as vellas e novas formas de racismo. Ademais, contaremos coa participación de Femafro (vía Skype), para tratar a importancia da existencia de movementos propios racializados de resistencia, como unha forma de visibilizar a existencia e a súa participación na sociedade portuguesa.
16:00 a 19:00 - Sede SOS Racismo Galicia | A Coruña)
Espazo seguro de deconstrución. Por: Sonia Mendes da Silva
Nota: pola metodoloxía e necesidade de espazos propios, a actividade Espazo seguro de deconstrución está aberta só a persoas racializadas.
No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.