SOS Racismo Galicia

Organizador

SOS Racismo Galicia
Código QR

Fecha

Nov 09 2019

Hora

10:00 - 19:00

Diverxentes: Espazo de formación antirracista / NOV 2019

Nota: inscrición previa en denuncias@sosracismogalicia.org

 

DIVERXENTES é o nome que recibe este novo espazo de formación, debate e construción que pretende profundar en temáticas vinculadas á produción de saber e formas de pensamento diversas que alcanzan a todas aquelas persoas que son discriminadas polos seus trazos fenotípicos, procedencia, etnia, cultura ou relixión, ou calquera outra etiqueta que use para a exclusión social destas persoas dunha participación igualitaria na sociedade.

A elección de Diverxentes, procede do propio significado que se lle pode atribuír á palabra, partindo dun principio baseado na produción de razoamentos desde diferentes puntos de vista.

Cremos necesaria a existencia de espazos que permitan e promovan a visibilización e comprensión das realidades que afectan ás distintas persoas que conforman a sociedade na que vivimos, xa que, a maioría das veces devanditas realidades están construídas desde posicións afastadas e pouco teñen que ver coas situacións coas que convivimos no día a día; dando como resultado dinámicas e procedementos sen sentido que non fan máis que evidenciar a falta de contacto real no seo da sociedade.

Desde este espazo avógase pola xestión da diversidade social e cultural, apoiando a difusión e proliferación de diferentes manifestacións e debates necesarios na sociedade para construír mellores ferramentas e discursos cos que esixir, debater e compartir ideas e formas de resistencia conxunta.

Trátase daquela procura e participación xusta en cuestións que teñen que ser traídas a debate para impoñer diferentes realidades e comparalas a un mesmo nivel.

É por todo iso que comprendemos a necesidade de construír dous grupos de asistencia de diferente composición, nos que se desenvolverán temáticas que, pola súa natureza e proximidade coas realidades das persoas participantes, serán traballadas de forma paralela.

As realidades e experiencias vividas precisan achegamentos diferentes que se impartirán a través de coñecementos teóricos sobre o racismo e conceptos chave para desenmascarar os procesos discriminatorios con diferentes dinámicas que se poñerán en práctica en cada taller.

Programación horaria

Sábado 9 de novembro

10:00 a 12:00 h. - Centro Socio Cultural Ágora (A Coruña)
A importancia da identificación e (re)presentación dos corpos negros. Sonia Mendes da Silva
Esta sesión informativa está destinada a analizar as múltiples representacións dos corpos negros que transitan e a súa influencia nos modos de recoñecernos, as políticas identitarias e o imaxinario social.
12:00 a 13:00. - Centro Socio Cultural Ágora (A Coruña)
Cosificación e hipersexualización étnico-racial. Jeane Costa
Con este taller pretendemos abrir un espazo de reflexión sobre todo o universo de corporalidades das mulleres negras e afrodescendentes. Vivimos socialmente nunha constante exposición erótica cosificada dos corpos das mulleres. O sistema social consumista cuestiona e compara a beleza creando a través do exotismo referentes desde a moda, as cancións, as redes sociais, etc, onde as mulleres que non encaixan neste modelo de beleza branco, son interpeladas e cuestionadas para adaptarse a estes canons de beleza. Propoñemos este espazo para facer un percorrido histórico sobre a exposición e uso social exótico do corpo afrodescendente, reflexionar sobre os canons de beleza afrodescendente e a diversidade étnico-racial, achegar datos e información sobre a influencia destes canons na esfera persoal, relacional e social e facilitar ferramentas de autocuidado desde o bo trato.
13:00 a 14:00 h - Centro Socio Cultural Ágora (A Coruña)
A representación política do hiyab. Mina Shayan
Neste espazo analizaremos as diferentes representacións do hiyab en diferentes contextos. O enfoque estará na súa instrumentalización e utilización para fins políticos en momentos clave, tanto en países mulsulmáns como occidentais. En uns, a través da victimización das mulleres musulmás, creando unha necesidade de rescates por fins colonialistas e imperialistas, e en outro, politizando se uso como un instrumento de represión e control.
16:00 a 19:00 - Sede SOS Racismo Galicia (Rúa Alcalde Lens 34 1ºC | A Coruña)
Espazo seguro de deconstrución. Por: Sonia Mendes da Silva
pola metodoloxía e necesidade de espazos propios, a actividade Espazo seguro de deconstrución está aberta só a persoas racializadas.
No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.