SOS Racismo Galicia

Organizador

SOS Racismo Galicia

Ubicación

A Coruña
Código QR

Fecha

Dic 14 2019

Hora

10:00 - 19:00

Diverxentes: Espazo de formación antirracista / DIC 2019

Lugar: CSC Ágora

 

Nota: inscrición previa en denuncias@sosracismogalicia.org

 

DIVERXENTES é o nome que recibe este novo espazo de formación, debate e construción que pretende profundar en temáticas vinculadas á produción de saber e formas de pensamento diversas que alcanzan a todas aquelas persoas que son discriminadas polos seus trazos fenotípicos, procedencia, etnia, cultura ou relixión, ou calquera outra etiqueta que use para a exclusión social destas persoas dunha participación igualitaria na sociedade.

A elección de Diverxentes, procede do propio significado que se lle pode atribuír á palabra, partindo dun principio baseado na produción de razoamentos desde diferentes puntos de vista.

Cremos necesaria a existencia de espazos que permitan e promovan a visibilización e comprensión das realidades que afectan ás distintas persoas que conforman a sociedade na que vivimos, xa que, a maioría das veces devanditas realidades están construídas desde posicións afastadas e pouco teñen que ver coas situacións coas que convivimos no día a día; dando como resultado dinámicas e procedementos sen sentido que non fan máis que evidenciar a falta de contacto real no seo da sociedade.

Desde este espazo avógase pola xestión da diversidade social e cultural, apoiando a difusión e proliferación de diferentes manifestacións e debates necesarios na sociedade para construír mellores ferramentas e discursos cos que esixir, debater e compartir ideas e formas de resistencia conxunta.

Trátase daquela procura e participación xusta en cuestións que teñen que ser traídas a debate para impoñer diferentes realidades e comparalas a un mesmo nivel.

É por todo iso que comprendemos a necesidade de construír dous grupos de asistencia de diferente composición, nos que se desenvolverán temáticas que, pola súa natureza e proximidade coas realidades das persoas participantes, serán traballadas de forma paralela.

As realidades e experiencias vividas precisan achegamentos diferentes que se impartirán a través de coñecementos teóricos sobre o racismo e conceptos chave para desenmascarar os procesos discriminatorios con diferentes dinámicas que se poñerán en práctica en cada taller.

Programación horaria

Sábado 14 de decembro

10:00 a 12:00 h. - Centro Socio Cultural Ágora (A Coruña)
Corpos negros en movemento. Por: Sonia Mendes da Silva
Esta sesión informativa estará destinada a analizar a traxectoria, social e política, da comunidade negra na historia española e o avance dos discursos de odio por parte das formacións políticas nos últimos anos. Faremos fincapé no auxe dos movementos sociais afrodescendentes e as súas reivindicacións nunha sociedade que non recoñece a súa existencia e participación en condicións de igualdade co resto da cidadanía. (Pendente confirmacións de comunicación con referentes relevantes na sociedade española).
12:00 a 14:00. - Centro Socio Cultural Ágora (A Coruña)
Feminismo e negritude. Por: Claudibel Rodríguez (Afrogalegas).
Esta sesión informativa virá presentada por unha integrante do colectivo Afrogalegas creado na cidade da Coruña como unha forma de resistencia e visibilización das persoas afrodescendentes na comunidade galega. O taller traballará en analizar a influencia das mulleres negras no movemento feminista, a interseccionalidade ou falta desta, tomando como referencia a Sojourner Truth co discurso “Ain’ t I a woman” o cal acompañou ás mulleres negras na loita polos dereitos. Os discursos modernos teñen homoxeneizado os logros, as trabas… pero que pasaba coa muller negra mentres empezaba o que se define como un movemento para todas? por que non coñecemos grandes referentes mulleres negras desta loita? En feminismo e negritude faremos esta pequena reflexión, que nos permitirá construír e deconstruír para recuperar esa parte non contada da historia. A presentación desta temática axudará a desenvolver dinámicas que fagan que o público participe de forma activa. 16:00 a 19:00. Espazo seguro de deconstrución. Sonia Mendes da Silva Sede SOS Racismo Galicia (Rúa Alcalde Lens 34 1ºC | A Coruña) Nota: pola metodoloxía e necesidade de espazos propios, a actividade Espazo seguro de deconstrución está aberta só a persoas racializadas.
16:00 a 19:00 - Sede SOS Racismo Galicia (A Coruña)
Espazo seguro de deconstrución. Por: Sonia Mendes da Silva
Nota: pola metodoloxía e necesidade de espazos propios, a actividade Espazo seguro de deconstrución está aberta só a persoas racializadas.
No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.